Ciclo do Ulster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Ciclo do Ulster (en irlandés an Rúraíocht), coñecido anteriormente como Ciclo da rama vermella, é un gran conxunto de escritos en prosa e verso centrados nos heroes tradicionais dos Ulaid, os poboadores do leste da provincia irlandesa moderna do Ulster, que toma o seu nome deles. Este é un de catro grandes ciclos da mitoloxía irlandesa, xuntamente co Ciclo mitolóxico, o Ciclo feniano e o Ciclo histórico.

O ciclo explica a historia do reino de Conchobar mac Nessa, rei do Ulster disque contemporáneo con Xesús Cristo. O seu mandato estendíase desde Emain Macha (a actual Navan Fort preto de Armagh), e era un forte rival da raíña Medb e o rei Ailill de Connacht e do seu aliado, Fergus mac Róich, anterior rei do Ulster. O heroe principal do ciclo é o sobriño de Conchobar, Cúchulainn.

A sociedade descrita nos contos do Ciclo de Ulster parece en gran parte á Idade precristiá do Ferro (aínda que vista a través da óptica dos seus redactores cristiáns medievais) e contén numerosos paralelismos coa sociedade celta europea, tal e como a describen os autores clásicos. Os guerreiros loitan desde carros, toman como trofeo as cabezas dos seus rivais, compiten polas preferencias nas festas, déixanse aconsellar por druídas e loitan corpo a corpo nos vaos dos ríos. Aos poetas atribúenselles grandes poderes e privilexios e a riqueza contabilízase polo gando.

O ciclo consiste en aproximadamente oitenta historias, cuxo centro é a de Táin Bó Cúailnge, ou o Roubo de Gando de Cooley, na que Medb, encabezando un exército enorme, invade o Ulster para roubar o Touro Pardo de Cooley, atopándose con Cúchulainn como única oposición.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

Importantes[editar | editar a fonte]

Secundarios[editar | editar a fonte]

Textos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Thomas Kinsella (1969), The Táin, Oxford University Press.
  • Jeffrey Gantz (1981), Early Irish Myths and Sagas, Penguin.
  • Tom Peete Cross & Clark Harris Slover (1936), Ancient Irish Tales, Barnes & Noble.
  • John T Koch & John Carey (2000), The Celtic Heroic Age, Celtic Studies Publications.
  • Kuno Meyer (1906), The Death-Tales of the Ulster Heroes, Dublin Institute for Advances Studies.
  • A H Leahy, Heroic Romances of Ireland (1905-1906), [1].

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]