Tía Xuana
A tía Xuana é un personaxe feminino que vive no faio das casas e ten de misión afastar aos nenos desta. Ten pelo branco e longo que lle chega ata o lombo, ten a cara toda engurrada cun só ollo e cun dente na boca. Co dente rila todo o que se lle cruza, e fai os refugallos nunha pota do faiado. É como un coco para os nenos, en Vilaemil, na Pontenova, na casa de Caenllas, vive unha anciá chamada tía Xuana que ten como mínimo douscentos anos. Déitase nunha hucha e tira con forza pola tapa para abaixo, para que ninguén poida abrila. Os pícaros e pícaras da casa non queren subir ao faiado polo medo que lles dá a tía Xuana, xa que pode collelos e comelos.[1]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]A tía Xuana ten parecido con outro ser mitolóxico, o da Orcavella, ambas son caníbales, vellas e autosepúltanse. Poden recordar ás graias, irmáns das gorgonas, eran tan vellas que só tiñan un dente e un ollo para as tres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cuba, Miranda e Reigosa (2022:181).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuba, Xoán Ramiro; Miranda, Xosé; Reigosa, Antonio (2022). Dicionario dos seres míticos galegos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-1110-072-4.