As Regadas, Beade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°20′05″N 8°08′49″O / 42.3345848, -8.146856

As Regadas
Igrexa das Regadas, Beade.jpg
Igrexa das Regadas
ConcelloBeade
Poboación59 hab. (2014)
Entidades de poboación1

San Amaro das Regadas é unha parroquia do concello de Beade, na provincia de Ourense. Segundo o IGE[1], en 2014 tiña 59 habitantes (29 homes e 30 mulleres) nun único núcleo de poboación.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

A parroquia sitúase na estrema NW do concello de Beade. Limita polo oeste co concello de Carballeda de Avia (concretamente coa parroquia de Beiro), polo norte co concello de Leiro (parroquia de Berán), polo leste e polo sur co resto do propio concello de Beade, coa parroquia do mesmo nome.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

A parroquia conéctase coas localidades da contorna sobre todo por medio de camiños e estradas locais. A OU-212 conecta As Regadas coa veciña Beade, así como cos núcleos de Berán e Beiro. A comarca conéctase co resto de Galicia a través de estradas como a A-52 ou a N-120.

Distancia a localidades próximas[editar | editar a fonte]
Localidade Distancia (km)
Beade 3
Ribadavia 5
Beiro 1,5
Berán 2,5

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación atópase repartida nun único núcleo de poboación do mesmo nome. Segundo o INE, a poboación das Regadas evolucionou do seguinte xeito. Dende o ano 2000, As Regadas perdeu un 24% da súa poboación, ascendendo esta en 2013 a un total de 60 veciños (31 homes e 29 mulleres).

Ano Habitantes Variación
2000 79
2004 69 -12,7%
2008 65 -5,8%
2013 60 -7,7%

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares das Regadas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia das Regadas no concello de Beade (Ourense)

As Regadas

Parroquias de Beade[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Beade

Beade (Santa María) | As Regadas (San Amaro)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]