Berán, Leiro
Berán | |
---|---|
Igrexa de San Breixo de Berán. | |
Concello | Leiro[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°21′04″N 8°08′35″O / 42.35104722, -8.14305833 |
Poboación | 184 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Breixo de Berán é unha entidade local menor e parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense. No ano 2015 tiña 237 habitantes (117 homes e 120 mulleres), distribuídas en dous lugares, o que supón unha caída en relación ao ano 2008, cando tiña 259 habitantes. Está situada a unha altitude de 296 metros sobre o nivel do mar, a uns 3,1 km da capital do concello, Leiro, pola estrada OU-0307.
Historia
[editar | editar a fonte]Antes da constitución dos concellos no século XIX pertencía á xurisdición de Carballeda de Avia. Na primeira distribución municipal formou parte do concello de Beade, do que se segregou posteriormente para integrarse no de Leiro. Desde o 13 de decembro de 1924 está considerada unha das nove entidades locais menores de Galiza.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII,[2] con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada.
Festas e tradicións
[editar | editar a fonte]As festas patronais de Berán celébranse a finais do mes de xullo (19, 20 e 21), sendo o día grande o día de Santa Margarida, o día 20. Ademais, tamén se celebra o San Roque en agosto na capela do mesmo nome, no barrio de Trasouteiro, e a festa de Mozos e Vellos, tamén no mes de agosto.
A finais de outubro celébrase a festa do licor café, a única en Galicia dedicada a esta bebida tradicional galega.
Balneario
[editar | editar a fonte]O balneario de Berán está situado no lugar de Caldelas, na estrada comarcal que une Berán co concello limítrofe de Beade. As súas augas destacan polo seu alto contido en xofre, polo que se indican para problemas de pel (sobre todo a psoríase), reuma, trastornos hepáticos, dixestivos e respiratorios. As augas saen do manancial a unha temperatura media de 28 °C.
Na actualidade o balneario encóntrase nunha fase de transición que comezou no ano 1999, cando se comezaron as obras para a construción dun edificio novo. Non obstante, tras varios problemas xudiciais e políticos, e a pesar de estar rematada a obra, aínda se está a usar a instalación vella, que data de mediados do século XX.[3] As vellas instalacións constan dunha pequena piscina de auga termal ao aire libre, sete bañeiras individuais, duchas, vestiarios e unha fonte para a bebida.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cruz de lazos no adro da igrexa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Berán
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Berán no concello ourensán de Leiro | |
---|---|
Parroquias de Leiro
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ turismo.gal (ed.). "Igrexa de San Breixo de Berán". Consultado o 8 de febreiro de 2022.
- ↑ "¿Habrá vida para el balneario de Berán?". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Deputación de Pontevedra Arquivado 23 de decembro de 2009 en Wayback Machine.