Adís Abeba
Coordenadas: 9°01′38″N 38°44′13″L / 9.0272222222222, 38.736944444444
Adís Abeba | |
---|---|
አዲስ አበባ (amhárico) Finfinne (oromo) | |
![]() | |
Imaxe de Adís Abeba e 2021. | |
Localización | |
País | ![]() |
Cidade con estatuto especial | Adís Abeba |
Xeografía | |
Altitude | 2.355 msnm |
Superficie | 530,14 km² |
Demografía | |
Poboación | 3 384 569 hab. (2008) |
Densidade | 5.165,1 hab/km² |
Outros datos | |
Alcalde | Kuma Demeksa |
Páxina oficial |
Adís Abeba[1][2] (en amhárico: አዲስ አበባ, Āddīs Ābebā, lit. Nova Flor) é a capital e cidade máis poboada de Etiopía. En 2008 tiña 3 384 569 habitantes, 4,6 millóns na súa área metropolitana.
Na cidade atópase a sede da Unión Africana, anteriormente a Organización para a Unidade Africana (1963-2002). Tamén acolle a sede da Comisión Económica para África das Nacións Unidas, así coma outras organizacións internacionais. Por isto, a miúdo faise referencia a Adís Abeba coma a "capital política de África" pola súa importancia histórica, diplomática e política para o continente.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi fundada en 1886 no lugar elixido pola emperatriz Taytu Betul, dona de Menelik II. Foi na aba do Monte Entoto, en pleno territorio lingüístico oromo. En 1892 foi proclamada capital do Imperio de Etiopía. Entre 1936 e 1941 foi ocupada pola Italia fascista.
Grupos étnicos[editar | editar a fonte]
Amhárico 48,2%, oromo 19,2%, Guraxe 17,5%, tigriña 7,6%
Relixións[editar | editar a fonte]
Igrexa Copta Etíope 82%, islam 12,7%, protestantes 3,9%, católicos 0,8%
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Adís Abeba (Etiopía)