Baseada no modelo da Unión Europea (pero actualmente con poderes máis próximos ó da Commonwealth británica), axuda a promoción da democracia, dereitos humanos e desenvolvemento de África, especialmente o aumento dos investimentos estranxeiros no programa New Partnership for Africa's Development (NEPAD). O primeiro presidente da UA foi o surafricanoThabo Mbeki.
Estabelecer as condicións necesarias para posibilitar ao continente xogar o papel que lle corresponde na economía global e nas negociacións internacionais.
Promover o desenvolvemento sostible a nivel económico, cultural e social, así como a integración das economías africanas.
Promover a cooperación en tódolos ámbitos da actividade humana para aumentar o nivel de vida dos africanos.
Coordinar e harmonizar as políticas entre as Comunidades Económicas Rexionais existentes e futuras para a consecución gradual dos obxectivos da Unión.
Avanzar no desenvolvemento do continente promovendo a investigación en tódolos ámbitos, particularmente en ciencia e tecnoloxía.
Traballar con aliados internacionais na erradicación de enfermidades que se poden previr e na promoción da saúde no continente.
Haití – No cumio 18 da Unión Africana en Adís Abeba o 2 de febreiro de 2012, Haití obtivo a condición de membro observador e, posteriormente, presentou unha solicitude formal para se converter nun membro asociado[3].
Casaquistán – O 14 de novembro de 2013, Casaquistán obtivo a condición de membro observador despois de que os tratados pertinentes foran ratificados en maio de 2013. O ministro de asuntos exteriores Erlan Idrisov convertiuse no representante permanente da República de Casaquistán na Unión Africana[4].
Palestina - Membro observador despois do cumio 21 da Unión Africana[7].
Serbia – País observador. Os ministros de asuntos exteriores de Serbia Ivan Mrkić (2012 e 2014) e Vuk Jeremić (2011) participaron nos cumios en Adís Abeba[8][9][10].
↑According to the AUArquivado 06 de outubro de 2011 en Wayback Machine., his official style is Son Excellence Obiang Nguema Mbasogo, Président de la République, Chef de l'État et Président Fondateur du Parti Démocratique de Guinée Equatoriale.