Chongqing
Coordenadas: 29°33′30″N 106°34′00″L / 29.55833, -106.56667
Chongqing | |
---|---|
重庆市 | |
![]() | |
Varias imaxes da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
Xeografía | |
Altitude | 237 msnm |
Superficie | 82 403 km² |
Demografía | |
Poboación | 29 914 000 hab. (2014) |
Densidade | 360 hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | 4000 00 - 4099 00 |
Alcalde | Huang Qifan |
cq.gov.cn/ |
Chongqing[Cómpre referencia] ou Chunquin[1] (ou Chungking; 重庆 en chinés) é unha das catro municipalidades controladas directamente polo goberno central da República Popular da China, con estatuto de provincia. O concello contaba cunha poboación de 31 442 300 habitantes en 2005.
Grande parte do municipio, que ocupa unha superficie de arredor de 80.000 km² (máis de 2,6 veces a área de Galicia), é rural. A poboación da área urbana de Chongqing propio era "só" de 5 090 000 habitantes segundo datos de 2000.
Chongqing é denominado de modo simple: Yú, unha abreviación que foi aprobada polo Consello de Estado a data de 18 de abril de 1997. O nome abreviado procede dunha vella denominación de parte do río Jialing, que atravesa Chongqing e desauga no Yangtzé.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Chongqing está situada sobre o río Yangtzé, xusto sobre o comezo do enorme lago artificial creado pola retención de augas do Encoro das Tres Gargantas. A aglomeración está construída na confluencia do Yangtzé e do seu tributario o Jialing. O centro da cidade érguese sobre a península formada por ambos os dous cursos de auga.
A topografía da cidade é moi particular: Chongqing está composta en realidade de outeiros pendentes, o que a fai a única grande urbe chinesa sen de bicicletas, pois as ladeiras son demasiado ásperas. Igualmente é a única na que o paso dos ríos que a atravesan se fai por medio de teleféricos. Desde a apertura internacional de Chongqing, sobre todo desde 1997, foron construídas numerosas pontes.
O clima da cidade é de tipo subtropical húmido, e como no resto da Asia extremo-oriental a influencia do monzón é notábel. A media de precipitacións caídas na cidade no período 1961-90 foi de 1.101 mm, pero están concentradas nos meses que van de abril a setembro. A media anual das temperaturas é de 19 °C. As temperaturas son cálidas nos meses estivais; en xullo e agosto as medias máximas poden superar os 32 °C e as mínimas medias non baixar de 24 °C. Por contra no mes máis frío, xaneiro, as temperaturas máis altas apenas soben de 6 °C, e as mínimas de 5 °C.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chongqing ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial Arquivado 03 de marzo de 2006 en Wayback Machine. (en chinés)
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |