Rexións de Etiopía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa das rexións de Etiopía.

As rexións administrativas de Etiopía son 9. Trátase de estados etnicamente diferenciados, denominados Kililoch (singular kilil) e dúas cidades con carácter especial, os astedader akababiwach (singular, astedader akabibi). A palabra "kilil" significa concretamente "reserva" ou "área protexida", e é a base étnica sobre a cal se constituíron as rexións etíopes. A elección da verba "kilil" foi criticado por parte da oposición, comparándoo cos bantustans da Suráfrica do apartheid.[1] As 9 rexións e as cidades con status especial (cun asterisco) son:

  1. Adís Abeba*
  2. Rexión de Afar
  3. Rexión de Amhara
  4. Rexión de Benishangul-Gumuz
  5. Dire Dawa*
  6. Rexión de Gambela
  7. Rexión de Harari
  8. Rexión de Oromia
  9. Rexión de Somali
  10. Rexión das Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur
  11. Rexión de Tigray

De acordo á Constitución política etíope, este sistema de rexións administrativas ou kililoch, substitúe o antigo sistema de provincias, vixente até 1996; e que é aínda empregado extraoficialmente.

Demografía[editar | editar a fonte]

Rexións e cidades especiais* de Etiopía
As nove rexións e as dúas cidades especiais
Mapa Bandeira Nome Poboación[2] Área (km2)[3] Poboación
per km2
Capital
1 Adís Abeba (cidade) 3 273 000 526,99 5 198,49
2 Flag of the Afar Region.svg Rexión de Afar 1 723 000 72 052,78 19,58 Semera
3 Flag of the Amhara Region.svg Rexión de Amhara 20 401 000 154 708,96 111,28 Bahir Dar
4 Flag of the Benishangul-Gumuz Region.svg Rexión de Benishangul-Gumuz 1 005 000 50 698,68 13,23 Asosa
5 Dire Dawa (cidade) 440 000 1 558,61 219,32
6 Flag of the Gambella Region.svg Rexión de Gambela 409 000 29 782,82 10,31 Gambela
7 Et harrar.png Rexión de Harari 232 000 333,94 549,03 Harar
8 Flag of the Oromia Region.svg Rexión de Oromia 33 692 000 284 537,84 95,45 Adís Abeba
9 Flag of the Somali Region.svg Rexión de Somali 5 453 000 279 252 (est.) 15,90 Jijiga
10 Flag of the Southern Nations, Nationalities, and Peoples' Region.svg Rexión das Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur 18 276 000 105 476 142,06 Awasa
11 Flag of the Tigray Region.svg Rexión de Tigray 5 056 000 53 638 94,26 Mekelle

Notas[editar | editar a fonte]

  1. International Labour Organization ILO. ""They knew I would rather die than give up the fight" Interview with Taye Woldesmiate (Ethiopia)". 
  2. City Population (ed.). "Ethiopia". 
  3. "2011 National Statistics" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 10 de decembro de 2014.