Rexión de Amhara
Aparencia
| አማራ (am) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Etiopía | ||||
| Capital | Bahir Dar (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 19.120.005 (2005) | ||||
| Lingua oficial | Lingua amhárica | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 154.709 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1992 | ||||
| ISO 3166-2 | ET-AM | ||||
Rexión de Amhara (en amhárico: አማራ; ʾÄmara) é unha das nove divisións étnicas de Etiopía, sendo o fogar dos amháricos. Outrora coñecida como "Rexión 3", a súa capital é Bahir Dar. O meirande corpo de auga de Etiopía, o lago Tana, que é a fonte do río Nilo Azul, atópase na rexión de Amhara. A rexión tamén contén o Parque nacional de Simien, que inclúe Ras Dashan, o punto máis alto do país. Amhara limita co Sudán polo oeste e o noroeste, e coas rexións etíopes de Tigray polo norte, de Afar polo leste, Benishangul-Gumuz polo suroeste e Oromia polo sur.
O goberno de Amhara componse do poder executivo, liderado polo presidente, o poder lexislativo que comprende o Consello de Estado e o poder xudicial, liderado pola Corte Suprema do estado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rexión de Amhara |
