Rexión de Harari
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Etiopía | ||||
| Enclave en | Rexión de Oromia | ||||
| Capital | Harar | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 175.900 (2005) | ||||
| Lingua oficial | Língua harari (pt) lingua oromo | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 334 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| ISO 3166-2 | ET-HA | ||||
A Rexión de Harari (en oromo: Hararii; en harari: ሐረሪ), oficialmente Estado Rexional do Pobo Harari (en amhárico: የሓረሪ ሕዝብ ክልል, en harari: ዚሐረሪ ኡምመት መሐዲያ ሑስኒ) é unha das nove rexións étnicas (kililat) de Etiopía, sendo o fogar do pobo harari. Outrora chamada "Rexión 13", a súa capital é Harar. É o máis pequeno dos estados rexionais de Etiopía. O oromo e o harari son as dúas linguas oficiais das autoridades rexionais.
