O oromo é unha lingua afroasiática. É a máis falada da familia de linguas cuxitas. O oromo é falado como primeira lingua por máis de 24,6 millóns de persoas, do pobo oromo e de pobos veciños de Etiopía, e por medio millón máis en parte do norte e o leste de Kenya.[1] Tamén é falado por pequenos grupos de emigrantes noutros países africanos, como Suráfrica, Libia, Exipto e o Sudán. O oromo é un continuo dialectal, mais non tódalas variedades son mutuamente intelixibles. O nome nativo da lingua é Afaan Oromo, que se traduce como "boca (lingua) dos oromo." Antigamente era coñecido como "galla", un termo considerado pexorativo pero que se pode atopar na literatura antiga.
Heine, Bernd (1981). Dietrich Reimer, ed. The Waata Dialect of Oromo: Grammatical Sketch and Vocabulary. Berlín. ISBN3-496-00174-7.
Hodson, Arnold Weinholt (1922). An elementary and practical grammar of the Galla or Oromo language. Londres: Society for Promoting Christian Knowledge.