Este artigo amosa letras ge'ez. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O tigriña[1] (ትግርኛ tigriñā) é unha lingua afroasiática pertencente á póla semítica da familia. É falada pola etnia tigriña do Corno de África. Os falantes de tigriña viven principalmente na rexión de Tigré do norte de Etiopía (65%), denominados tigray ("Tigrāwōt" -singular- e "Tegaru" -plural-), así como na fronteira contigua do sur de Eritrea (35%), onde os falantes coñécense como Tigriña. O tigriña tamén é falado por grupos de emigrantes procedentes desas rexións, coma Beta Israel.
O tigriña non debe confundirse coa relacionada lingua tigré. Esta outra lingua afroasiática é falada polo pobo tigré, que vive nas terras baixas de Eritrea.
Rehman, Abdel. English Tigrigna Dictionary: A Dictionary of the Tigrinya Language: (Asmara) Simon Wallenberg Press. Introduction Pages to the Tigrinya Language ISBN 1-84356-006-2
Eritrean People's Liberation Front (1985) Dictionary, English-Tigrigna-Arabic. Rome: EPLF.