Capela da Misericordia de Viveiro
A capela da Misericordia ou capela da Nosa Señora da Misericordia é un templo relixioso situado en Viveiro. Está situada no barrio da Misericordia, nos arrabaldes do núcleo urbano, do outro lado da ría de Viveiro, sobre a cal pasa a ponte da Misericordia.
Índice |
[editar] Historia
A construción da capela débese ao donativo de Rodrigo Alfonso Alfeirán, quen nunha escritura outorgada ante o escribán de Viveiro Miguel Galo, dispuxo o 29 de xullo de 1603:
[editar] Edificio
A capela é de estilo renacentista. Na fachada principal ten dúas portas e unha fiestra que remata nunha espadana. No ático da fachada ten un escudo cuartelado cos brasóns das familias Posada, Pallarés, Somoza e Alfeirán.
A planta é unha nave con bóveda de medio canón, dividida por dous arcos torais. Unha reixa separa a nave do altar, cuberto por unha cúpula decorada con frescos do pintor Camilo Díaz.
O altar maior foi proxectado polo escultor Juan Sarmiento, e está adicado á Ascensión da Nosa Señora. No altar do lado do Evanxeo hai unha imaxe de Antonio de Padua, e no da Epístola hai unha imaxe do Ecce Homo da Misericordia.
[editar] O Ecce-Homo da Misericordia
A imaxe do Ecce Homo situada no altar maior recibe culto en toda a comarca. Atribúenselle numerosas milagres, nas cales se fundou a devoción popular. O primeiro venres de marzo, coñecido como o "día das tres grazas", acoden os devotos axeonllados para pedirlle favores.
[editar] Confraría da Misericordia
A capela foi sede da extinta Confraría da Nosa Señora. Na actualidade existe a Confraría da Misericordia, que desde o 2007 participa na Semana Santa de Viveiro coa súa imaxe titular, o Ecce-Homo da Misericordia.
[editar] Notas
- ↑ Historia de Vivero y su Concejo, Donapétry Iribarnegaray, Juan.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Donapétry Iribarnegaray, Juan, Historia de Vivero y su Concejo.