Souto da Retorta
Coordenadas: 43°36′46.44″N 7°35′36.08″W / 43.6129°N 7.5933556°W
O Souto da Retorta está situado na parroquia luguesa de Chavín (Viveiro), na marxe dereita do río Landro e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 eucaliptos (Eucalyptus globulus), algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o eucaliptal de Chavín.
O 25 de febreiro de 2000 foi incluído entre os Espazos naturais protexidos baixo a figura de Monumento natural [1].
Tamén está incluído dentro do Catálogo galego de árbores senlleiras [2].
O espazo ten unha superficie de 3,19 ha e caracterízase polo seu clima oceánico húmido, cunhas precipitacións anuais medias de 1.412 mm e unha temperatura media de 13 ºC. Está situado a unha altitude duns 30 metros sobre o nivel do mar.
Ademais dos eucaliptos centenarios, o espazo presenta, ó longo do curso do río, dúas fervenzas dignas de mención: o Salto do Can e o Pozo da Ferida, este cunha caída en vertical de 30 metros.
Índice |
O Avó de Chavín [editar]
Os eucaliptos do Souto da Retorta plantáronse a partir de 1860 para a drenaxe das terras baixas que se anegaban con frecuencia a consecuencia das arroiadas dos regatos tributarios do río Landro. Destacan por alcanzar unha altura considerable, as maiores da península e das maiores de Europa, e entre eles cómpre salientar o Avó de Chavín, de 126 anos, unha altura de 71,4 metros e un perímetro de 7,6 metros. Non é o exemplar máis alto do eucaliptal pero si o de maior porte [3].
En 2010 foi nomeado Árbore do ano nos premios Árbol y Bosque del Año organizados pola organización Bosques sin Fronteras e a Fundación Biodiversidade [4].
Notas [editar]
- ↑ Decreto 77/2000, de 25 de febreiro (DOG nº 72, de 12 de abril de 2000).
- ↑ Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras (DOG nº 74, de 17 de abril de 2007).
- ↑ Turgalicia cita no eucaliptal alturas de 80 metros; Leiro Lois dá cifras de 67 m de altura, 2,5 m de diámetro e 10,5 de perímetro, referidas concretamente ó Avó.
- ↑ ”O Avó de Chavín es el gigante del año”, en La Voz de Galicia 20.11.2010 [1] [2].
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Leiro Lois, Adela; Daporta Padín, Mon e Caamaño Rivas, Víctor: Espazos naturais. Provincia de Lugo. A Nosa Terra, Vigo 2004.
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||||