Casa do Carballo de Galdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A casa do Carballo de Galdo é un ben situado na estrada que vai desde Viveiro a Lugo, está na parroquia de Galdo (concello de Viveiro).

[editar] Historia e características

Xunto co seu terreo, foi un dos moitísimos bens incautados polos Reis Católicos cando axustizaron o Mariscal Pardo de Cela, e o único que despois, xunto co Coto de Cajorro, lle devolveron á filla de Pero Pardo, Beatriz, pois xa morrera a nai, Isabel de Castro, que fora quen os reclamara. Así o di a Relazón da Carta Executoria:

a primeira facenda que lle deron posesion, foy o lugar do Carvallo do Galdo, en vouz, é nome de toudos mays bes.

Sábese que desta leira podían sacarse nun ano dez toneis de viño.[Cómpre referencia] Adquiríraa o Mariscal e a súa muller na década de 1450 e foi unha das residencias preferidas polo Mariscal.

Foi proposta ao Concello de Viveiro para a Ruta de Pardo de Cela.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas