Estadio El Toralín
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Ponferrada (León) Castela e León España |
| Inauguración | 5 de setembro de 2000 |
| Superficie | Herba |
| Capacidade | 8.800 |
| Dimensións | 105x70 m. |
| Propietario | Concello da Ponferrada |
| Localía | SD Ponferradina |
| Eventos | |
| Ningún | |
O Estadio El Toralín é un estadio de fútbol español da cidade berciana de Ponferrada, e serve como localía á SD Ponferradina. Inaugurado o 5 de setembro de 2000, ten capacidade para 8.200 espectadores.
Historia [editar]
El Toralín construiuse en sustitución do anterior campo da SD Ponferradina, o Fuentesnuevas, que á súa vez sustituira ao primeiro campo da entidade, o Santa María. Inaugurouse o 5 de setembro de 2000 nun encontro da SD Ponferradina contra o Celta de Vigo (0-2). O estadio remodelouse nunha ocasión, co gallo do ascenso da SD Ponferradina á Segunda División en 2006, momento no que se ampliaron tódolos graderíos até a actual capacidade e reformáronse o palco e as cabinas de prensa. Actualmente reúne as características que a UEFA impón para a desputa de partidos en competicións internacionais.