Estadio Martínez Valero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°16′1″N 0°39′48″W / 38.26694°N 0.66333°W / 38.26694; -0.66333

Martínez Valero
Elche-Xerez.jpg
Datos
Localización Elx, Alacant, España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración 8 de setembro de 1976
Arquitecto Juan Boix Matarredona
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 108 x 70 m
Capacidade 36.017
Propietario Elche CF
Localía Elche CF
Eventos

O Estadio Martínez Valero é un estadio de fútbol da cidade de Elx, na provincia de Alacant, España. É un recinto deportivo que alberga os partidos do Elche Club de Fútbol, equipo que milita actualmente na Segunda División.

O seu nome rende homenaxe ao que fose presidente do club ilicitano, Manuel Martínez Valero. Foi sede da maior goleada na fase final dun mundial, así como sede da final da Copa do Rei de fútbol de 2003. A Selección Española de fútbol disputou varios encontros amigables e oficiais. Foi candidato a albergar a final da Copa da UEFA de 2009.

Historia[editar | editar a fonte]

O Estadio Martínez Valero, foi inaugurado o 8 de setembro de 1976, substituíndo ao antigo campo de "Altabix" (1926). Obra do arquitecto Juan Boix Matarredona, é na actualidade o maior recinto deportivo da provincia de Alacant. O partido inaugural foi entre o Elche CF e a Selección de México, onde empataron a tres. Os goles do Elche nese partido conseguíronos Finarolli, Orellana e Gómez Voglino. Ademais, nel xogouse a final da Copa do Rei de fútbol da tempada 2002-03. Formou parte dos estadios onde levaron a cabo os partidos do Mundial de 1982.

Medidas e aforamento[editar | editar a fonte]

Conta cun aforamento de 36.017 localidades, divididas en dúas graderías, con 20.653 prazas a inferior e 15.364 a superior. Ten unha altura de 18 metros e un peso de 100 millóns de quilos. O terreo de xogo ten unhas dimensións de 108 metros de longo por 70 de ancho, e o parking pode albergar 2.184 vehículos.

Instalacións Deportivas[editar | editar a fonte]

Visión do Martínez Valero antes dun partido Ilicitano - UD Oliva de 3ª División.
  • 1 campo anexo con medidas regulamentarias
  • 1 campo anexo de adestramento
  • 4 vestiarios
  • 1 ximnasio
  • 1 bañeira hidromasaxe
  • Duchas de presión-hidromasaxe
  • Sala de vídeo
  • Enfermería
  • Sala de masaxes
  • Está adaptado para usuarios de cadeira de rodas con prazas reservadas para as cadeiras
  • Aseos adaptados e os aparcadoiros dos socios con discapacidade están preto das portas de entrada.
Visión do estadio Martínez Valero, nun partido da liga Adelante entre o Elche e o CD Tenerife, cun resultado final de 2-4 a favor dos visitantes e tras quedarse con 9 os ilicitanos. [1]

Outras instalacións[editar | editar a fonte]

  • Aparcadoiro con 2.184 prazas
  • 8 Cantinas
  • Unidade de Control operativo
  • Sala de Prensa
  • Salga de Xuntas
  • 8 cabinas de televisión
  • 26 cabinas de prensa e radios

O estadio conta ademais nos seus baixos cunha serie de comercios diversos como pubs, discotecas, restarurantes, unha axencia de seguros e a tenda oficial do Elche CF.

Partidos disputados[editar | editar a fonte]

Pola selección española[editar | editar a fonte]

A Seleccón Española disputou un total de 5 partidos no Martínez Valero, 3 deles oficiais e 2 de caracter amigable, nos que marcou un total de 11 goles e só encaixou 1, habendo gañado todos os encontros. O primeiro en disputarse foi en 1986, contra a selección belga.


España Flag of Spain.svg 3:0 (2:0) Flag of Belgium.svg Bélxica 19 de febreiro de 1986
Asistencia: 38.000 espectadores
Árbitro: Paolo Casarin (Italia)
Butragueño 3'
Julio Salinas 41'
Maceda 72'
 


España Flag of Spain.svg 3:0 (1:0) Flag of Macedonia.svg Macedonia 15 de novembro de 1995
Asistencia: 38.000 espectadores
Árbitro: Edgar Steinborn (Alemaña)
Kiko 8'
Manjarín 72'
Caminero 79'
 


España Flag of Spain.svg 2:1 (0:0) Flag of Ukraine.svg Ucraína 10 de setembro de 2003
Asistencia: 36.000 espectadores
Árbitro: Terje Hauge (Noruega)
Raúl González 60' 72' Shevchenko 83'
 


España Flag of Spain.svg 2:0 (1:0) Flag of Egypt.svg Exipto 3 de xuño de 2006
Asistencia: 36.000 espectadores
Árbitro: Stefano Farina (Italia)
Raúl González 14'
Reyes 56'
 


España Flag of Spain.svg 1:0 (0:0) Flag of Italy.svg Italia 26 de marzo de 2008
Asistencia: 39.000 espectadores
Árbitro: Fritz Stuchlik (Austria)
David Villa 77'
 


Grupo C do Mundial de 1982[editar | editar a fonte]

Hungría Flag of Hungary.svg 10:1 (3:0) Flag of El Salvador.svg O Salvador 15 de xuño de 1982
Asistencia: 23.000 espectadores
Árbitro: Ebrahim Al Doy (Bahrain)
Nyilasi 4' 83'
Poeloeskei 11'
Fazekas 23' 54'
Toth 50'
Kiss 69' 72' 76'
Szentes 72'
Ramírez 64'
 


Bélxica Flag of Belgium.svg 1:0 (1:0) Flag of El Salvador.svg O Salvador 19 de xuño de 1982
Asistencia: 15.000 espectadores
Árbitro: Malcolm Moffat (Irlanda do Norte)
Coeck 19'
 


Bélxica Flag of Belgium.svg 1:1 (0:1) Flag of Hungary.svg Hungría 22 de xuño de 1982
Asistencia: 37.000 espectadores
Árbitro: Clive White (Inglaterra)
Czerniatynski 76' Varga 27'
 

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]