Club Deportivo Mirandés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CD Mirandés»)
Mirandés
NomeClub Deportivo Mirandés
Alcume(s)Rojillos, Jabatos
Fundación3 de maio de 1927
EstadioMunicipal de Anduva,
Miranda de Ebro, España
Inauguración1950
Capacidade6.500
PresidenteEspaña Ramiro Revuelta
AdestradorEspaña Andoni Iraola
LigaSegunda División
2018–19 (2ªB – Grupo 2)
VestimentaBemiser
PatrocinadorCaja de Burgos
Na rede
http://www.cdmirandes.com/
Instagram: c.d.mirandes Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Club Deportivo Mirandés é un club de fútbol con sede na cidade de Miranda de Ebro, na provincia de Burgos, España. Foi fundado o 3 de maio de 1927 que xoga na Segunda División Española. O club exerce de local no Estadio Municipal de Anduva, que conta cunha capacidade aproximada de 6.500 espectadores.

Nas súas vitrinas constan un título de liga de Segunda B, catro de Terceira División, unha Copa de Castela e León e o Trofeo invicto Don Balón entre outros premios. Entre os clubs que existe unha rivalidade especial atópase o Burgos CF, Deportivo Alavés e Haro Deportivo. Durante a tempada 2011-12, o orzamento ascende aos 1 200 500 e o número de socios aos 3.500.

Na tempada 2011-12 fai historia converténdose no segundo equipo de Segunda B que chega ás semifinais da Copa do Rei.[1] Logo de eliminar a Villarreal CF, Racing de Santander e RCD Espanyol, tres equipos de Primeira a dobre partido, quedou a un paso da final logo de perder contra o Athletic Club. Esa mesma tempada consegue o primeiro ascenso da súa historia á Segunda División.[2]

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón negro e medias vermellas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias vermellas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta dourada, pantalón negro e medias vermellas.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Municipal de Anduva.
Marea Rojilla no Estadio de Anduva.

O estadio do Mirandés é o Estadio Municipal de Anduva, propiedade do concello de Miranda de Ebro. Foi inaugurado o 22 de xaneiro de 1950, aínda que xa fora estreado en setembro de 1949 con motivo do inicio de liga. Posúe unha capacidade para 6.000 espectadores, algúns sentados pero maioritariamente de pé, e unhas dimensións de 105 x 69 metros. O terreo de xogo é de céspede natural.

O partido inaugural, de Terceira División, enfrontou ao Mirandés co CD Logroñés (0-1). O Estadio de Anduva alberga de forma regular os partidos de liga do Mirandés, pero tamén foi escenario doutros acontecementos deportivos, entre os que destaca o encontro das seleccións de fútbol sub-21 de España e Polonia en 2006 (0-1).

Anterior a este estadio, o club rojillo disputou os seus encontros noutros escenarios. Durante o primeiro ano de vida, o Club Deportivo Mirandés xogou no Campo de Kronne. Ao ano seguinte o equipo trasladouse a outro campo, e o 26 de maio de 1928 disputouse o primeiro partido no Campo da Estación. O partido inaugural deste campo enfrontou ao CD Mirandés contra o Club Ciclista, outro equipo local, e saldouse cunha vitoria mirandesista por 7 goles a 1. O club permaneceu no Campo da Estación ata a inauguración do Estadio de Anduva en 1950.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Socios: 3.523
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 6 (Incluída a 2019/20)
  • Tempadas en 2ªB: 15
  • Tempadas en : 50
  • Mellor posto na Copa do Rei: Semifinais (2011-12)
  • Promocións de ascenso a Segunda: 5 (2 ascenso)
  • Promocións de ascenso a Segunda B: 8 (2 ascensos)
  • Máxima puntuación en liga: 95 puntos (2007–08)
  • Máximo goleador: Pablo Infante

Xogadores[editar | editar a fonte]

Autobús oficial do equipo.

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 POR España Iker
2 DEF España Garmendia
3 DEF España Raúl
4 DEF España Rodri Capitán
5 DEF España Raúl García
6 MED España Gámiz
7 MED Martín Tártara
8 MED España Iván Agustín Capitán
9 DIA España Senel
10 MED España Candelas
11 DIA España Aritz Mujika
12 DIA España Roger Matamala
Posto País Xogador
13 POR España Iván Gómez
14 MED España Pablo
15 MED España Rubén Royo
16 MED España Rodellar
17 MED España Tato
18 DEF España Herrero
19 DEF España Iribas
20 DIA España Randy
21 DEF España De la Plata
22 DEF España Cabero
- DIA España Morgado

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos rexionais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

  • Trofeo Ciudad de Briviesca (1): 1982
  • Trofeo Ciudad de Miranda (1): 1980
  • Trofeo Kali Garrido (1): 2010
  • Torneo Pacopin (1): 2011
  • Torneo Asociación Bodegas Rioja Alavesa (1): 2011

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Mirandés, segundo equipo de Segunda B que accede a semifinais". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 06 de marzo de 2012. 
  2. O Mirandés xa é de Segunda

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]