Tolosa Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tolosa CF»)
Tolosa
NomeTolosa Club de Fútbol
Alcume(s)Urdiñak (azuis), papeleros, el Histórico
Fundación1922
EstadioBerazubi,
Tolosa, Guipúscoa
Inauguración1922
Capacidade3.000
PresidenteEspaña Iñaki Ayerza Izaguirre
AdestradorEspaña Justo Lillo
Liga3ª - Grupo 4
Na rede
http://tolosacf.com/
Titular
Alternativo

O Tolosa Club de Fútbol é un club de fútbol español da localidade de Tolosa, en Guipúscoa. Foi fundado en 1922 e actualmente xoga na Terceira División.

Ten seccións de atletismo, baloncesto, balonmán, ciclismo, natación, pelota vasca e tenis.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundouse en 1922 como Tolosa Football Club. Cando se creou a liga española en 1928, o Tolosa foi un dos dez equipos incluídos na chamada Segunda División B, que era a terceira categoría da liga. Foi incluído nesa categoría por ser o terceiro equipo máis importante no campionato rexional de Guipúscoa naquela época, por detrás da Real Sociedad e a Real Unión de Irún.

Desde entón o equipo sempre xogou na Terceira División ou nas categorías rexionais de Guipúscoa.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias azuis.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Tolosa xoga no Estadio de Berazubi, que actualmente ten capacidade para 3.000 espectadores. Foi o primeiro estadio que se construíu en territorio español, en 1922. O estadio acolleu 8 campionatos de España de atletismo, o último en 1959. Foi reformado en 1972.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en :0
  • Tempadas en : 30
  • Tempadas en 2ª B: 1 (1928/29)
  • Tempadas en : 42
  • Mellor posto na liga: 8º (2ª B tempada 28-29)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]