Estadio Carlos Tartiere
| Novo Carlos Tartiere | |
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Oviedo, España |
| Arquitecto | Carlos Buxadé Ribot Joan Margarit Consarnau Emilio Llano |
| Inauguración | 20 de setembro de 2000 |
| Superficie | Céspede |
| Capacidade | 30.500 |
| Dimensións | 105 x 68 m. |
| Propietario | Concello de Oviedo |
| Localía | Real Oviedo |
| Eventos | |
|
|
O Estadio Carlos Tartiere é un estadio de fútbol da cidade de Oviedo, en España. Nel xoga os seus partidos como local o Real Oviedo e o campo recibe este nome polo primeiro presidente do club, Carlos Tartiere.
Anteriormente o estadio Carlos Tartiere tiña outra localización pero foi derrubado en 2003.
Índice |
Antigo Carlos Tartiere [editar]
Denominado Estadio de Buenavista, por estar situado no barrio do mesmo nome, foi inaugurado o 24 de abril de 1932, cun partido entre as seleccións nacionais de España e Iugoslavia con triunfo de España por 2-1. O primeiro gol do estadio foi marcado por Isidro Lángara, dianteiro do Real Oviedo.
Tiña a particularidade nese tempo de que a tribuna principal estaba cuberta cunha visera de máis de 100 metros de lonxitude sen ningunha columna de apoio diante, a primeira que se construia en España desas características, obra do enxeñeiro Ildefonso Sánchez del Río.
En 1954 foi vendido ao Concello de Oviedo, que é o seu propietario desde entón. En xuño de 1958 o seu nome cambiouse polo do fundador e primeiro presidente do club, Carlos Tartiere.
O 4 de xuño de 1969 inaugurouse a iluminación artificial do campo durante o encontro amigable entre o Real Oviedo e o Real Madrid.
Foi reconstruído con motivo do Mundial de Fútbol España '82, no que foi unha das sedes oficiais, de forma que o seu aforamento pasou de ser de 20.000 persoas a 22.500. O partido de inauguración logo das obras enfrontou ao Real Oviedo coa selección nacional de Chile.
En 1998 con motivo de cumprir coa normativa da UEFA e mellorar a seguridade nos campos de fútbol engádense butacas a case todo o campo de forma que o aforamento redúcese ata as 13.000 persoas. Este feito fixo que se expuxese a necesidade de construír un novo campo de fútbol para a cidade con capacidade suficiente para todos os afeccionados.
O 20 de maio de 2000 o Real Oviedo xoga o seu último partido no Carlos Tartiere fronte á Real Sociedad e este é derrubado en 2003, unha vez estivo terminado o novo estadio.
Nos terreos que ocupaba o estadio e arredores construíuse o Palacio de Congresos de Oviedo, deseñado por Santiago Calatrava.
Partidos internacionais [editar]
Xogáronse tres partidos da primeira ronda do Mundial de 1982, concretamente do Grupo B.
| Chile | 0:1 (0:1) | Austria | 18 de xuño de 1982 Asistencia: 22.500 espectadores Árbitro: Juan Daniel Cardellino (Uruguai) |
||
| Schachner 21' | |||||
| Alxeria | 0:2 (0:0) | Austria | 21 de xuño de 1982 Asistencia: 22.000 espectadores Árbitro: Tony Boskovic (Australia) |
||
| Schachner 55' Krankl 67' |
|||||
| Alxeria | 3:2 (3:0) | Chile | 24 de xuño de 1982 Asistencia: 16.000 espectadores Árbitro: Romulo Méndez Molina (Guatemala) |
||
| Assad 7' 31' Bensaoula 35' |
Neira 59' (p) Letelier 73' |
||||
Novo Carlos Tartiere [editar]
O Novo Carlos Tartiere (idéntico nome ao antigo) está localizado no barrio ovetense da Ería. Ten capacidade para 30.500 espectadores, todos eles sentados. Ademais conta cun palco de honra e máis de 200 asentos VIP. O estadio está cualificado con catro estrelas pola UEFA.
Foi inaugurado oficialmente o 20 de setembro de 2000 cun partido amigable entre o Oviedo e o Partizán de Belgrado, aínda que o día 17 xa se fixo de forma oficiosa nun partido de liga de Primeira División entre o Oviedo e a UD Las Palmas. O primeiro gol neste estadio marcouno o xogador da UD Las Palmas, Robert Jarni, de penalti.
Partidos internacionais [editar]
- Fase de clasificación para o Mundial de 2002:
| España | 4:1 | Bosnia e Hercegovina | 2 de xuño de 2001 Asistencia: 26.000 espectadores Árbitro: Roy Olsen (Noruega) |
||
| Hierro 26' Javi Moreno 76' Raúl 89' Diego Tristán 92' |
Beslija 41' | ||||
- Fase de clasificación para a Eurocopa de 2008:
| España | 2:0 | Letonia | 12 de setembro de 2007 Asistencia: 27.500 espectadores Árbitro: Alon Yefet (Israel) |
||
| Xavi 13' Torres 80' |
|||||
- Fase de clasificación para a Eurocopa Sub-21 de 2011:
| España | 2:0 | Polonia | 4 de setembro de 2009 Asistencia: 12.000 espectadores Árbitro: Andre Marriner (Inglaterra) |
||
| Joselu 7' Parejo 57' |
|||||