Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Numancia.
O Club Deportivo Numancia de Soria, coñecido como Numancia, é un club de fútbol español, da cidade de Soria. Foi fundado en 1945 e xoga na Segunda división española.
A volta a Primeira División [editar]
A tempada 2007/08, tras dominar a Liga Adelante con autoridade, ascende matematicamente a primeira división a falta de catro xornadas para o final do campionato tras empatar en casa fronte ao Deportivo Alavés, logrando así o seu terceiro ascenso a Primeira división. O equipo soriano proclamouse campión de liga a falta de 2 xornadas para o final tras empatar en Os Pajaritos fronte ao Club Deportivo Castellón.[1]
Na tempada 2008/09, tras unha irregular tempada, descende matematicamente a Segunda, fronte ó Getafe (1-0) a falta dunha xornada para o remate.
- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón vermello e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
O Numancia xoga os seus partidos como local no Nuevo Estadio Los Pajaritos, antigo estadio de "Los Pajaritos", fundado en 1999 e inaugurado polo Real Zaragoza nun encontro amigable, que se saldou con vitoria para os aragoneses por 1 gol a 3. Posúe unha capacidade para 9.500 persoas, todas elas sentadas. Dimensións 103x70. Recentemente no partido no que conseguiu o seu terceiro ascenso a capacidade foi aumentada a 10.200 localidades.
Datos do club [editar]
Cadro 2011/12 [editar]
- Actualizado a 22 de setembro de 2011.
Torneos nacionais [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]