Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Agrupación Deportiva Alcorcón é un club de fútbol da cidade de Alcorcón (Madrid). Foi fundado en 1971 e na actualidade xoga na Segunda División Española.
A Agrupación Deportiva Alcorcón foi fundada no ano 1971 por Dionisio Muñoz Jerez e tras varias tempadas deambulando por Rexional Preferente e Terceira división na tempada 1999-00 consegue o ascenso á Segunda división B española logrando finalizar na tempada 2000-01 (primeira da súa historia en Segunda B) na 12ª posición. Na seguinte tempada o club non realiza unha campaña tan boa como a anterior e finaliza na 16ª posición, moi preto dos postos de descenso a Terceira. Durante as seis tempadas seguintes o equipo logra quedar clasificado na zona media da táboa, ata a tempada 2008-09 na que queda clasificado como 3º do seu grupo, accedendo así a disputar a promoción de ascenso a Segunda División.
Na promoción de ascenso a segunda logrou eliminar na primeira rolda ao UE Sant Andreu (0-0 e 4-2) e na segunda rolda ao CD Alcoyano (1-0 e 2-1). Na fase final logrou un resultado de 0-0 fronte ao Real Unión de Irún na ida polo que o ascenso decidiríase no Stadium Gal de Irún. No partido disputado en Irún fronte ao Real Unión sufriu unha derrota por 3-1 dicindo adeus ao ascenso de categoría e tendo que conformarse con disputar a tempada 2009-10 en Segunda B. Na tempada 2009-10 o club participa de novo na Copa do Rei debido a que na tempada 2008-09 logrou quedar terceiro clasificado de Segunda B (grupo II).
Alcorconazo e ascenso a Segunda [editar]
O 27 de outubro de 2009, o Alcorcón vive o episodio máis ilustre da súa traxectoria tras eliminar da Copa do Rei ao Real Madrid por un marcador global de 4-1. Este episodio foi chamado pola prensa española como o Alcorconazo. O equipo amarelo conseguiu un avultado 4-0 no partido de ida, disputado no Estadio Santo Domingo, e logrou superar a eliminatoria tras conseguir manter a vantaxe no partido de volta no Estadio Santiago Bernabéu, que acabou cun insuficiente 1-0 favorable a un decepcionante Real Madrid, o cal estaba infestado de estrelas do fútbol mundial como Cristiano Ronaldo, Kaká e Karim Benzema.
Nesa mesma tempada queda campión do grupo II de Segunda B e non pasa a primeira eliminatoria de ascenso de campións contra o Granada CF. Con todo, logra pasar as dúas seguintes eliminatorias e subir a Segunda División por primeira vez na súa historia.
Na tempada do debut en Segunda logra a permanencia sen moitos problemas. Na tempada 2011-12 convértese no equipo revelación da categoría e acaba na cuarta posición, disputando o playoff de ascenso a Primeira División. Na semifinal consegue eliminar ao Hércules, pero na final perde contra o Real Valladolid cun resultado global de 2-1, quedando a un paso da máxima categoría.
- Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón amarelo e medias amarelas.
- Segundo equipamento: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
- Terceiro equipamento: Camiseta azul escuro, pantalón azul escuro e medias amarelas.
O estadio do club é o Estadio Santo Domingo, de herba natural. Ten capacidade para 2.800 persoas, todas sentadas. A Cidade Deportiva Santo Domingo atópase no barrio das Retamas, e nas súas proximidades atópanse a estación de Las Retamas e o teatro Buero Vallejo.
Datos do club [editar]
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 3
- Tempadas en 2ªB: 10
- Tempadas en 3ª: 15
- Tempadas en Categoría Rexional: 14
- Mellor posto na liga: 4º (2ª tempada 11-12)
Historial por tempadas [editar]
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| de 71-72 |
Rexional |
— |
| a 76-77 |
Rexional |
— |
| 1977/78 |
3ª |
19º  |
| 1978/79 |
Rexional |
—  |
| 1979/80 |
3ª |
3º |
| 1980/81 |
3ª |
5º |
| 1981/82 |
3ª |
9º |
| 1982/83 |
3ª |
12º |
| 1983/84 |
3ª |
9º |
| 1984/85 |
3ª |
4º |
| 1985/86 |
3ª |
10º |
| 1986/87 |
3ª |
17º |
| 1987/88 |
3ª |
19º  |
| 1988/89 |
Rexional |
— |
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| 1989/90 |
Rexional |
—  |
| 1990/91 |
3ª |
19º  |
| 1991/92 |
Rexional |
— |
| 1992/93 |
Rexional |
—  |
| 1993/94 |
3ª |
16º |
| 1994/95 |
3ª |
21º  |
| 1995/96 |
Rexional |
— |
| 1996/97 |
Rexional |
—  |
| 1997/98 |
3ª |
20º  |
| 1998/99 |
Rexional |
—  |
| 1999/00 |
3ª |
5º  |
| 2000/01 |
2ªB |
12º |
| 2001/02 |
2ªB |
16º |
| 2002/03 |
2ªB |
7º |
Cadro 2012/13 [editar]
Actualizado a 18 de agosto de 2012
Persoas importantes que pasaron polo club [editar]
Torneos nacionais [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]