Estadio El Alcoraz
Coordenadas: 42°7′55″N 0°25′28″W / 42.13194°N 0.42444°W
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Huesca, Aragón España |
| Inauguración | 16 de xaneiro de 1972 |
| Superficie | Céspede natural |
| Capacidade | 5.000 |
| Dimensións | 105x68 m. |
| Propietario | Sociedad Deportiva Huesca |
| Localía | Sociedad Deportiva Huesca |
| Eventos | |
| Ningún | |
El Alcoraz é un estadio de fútbol da cidade de Huesca, no que xoga a Sociedad Deportiva Huesca. Debe o seu nome á batalla de Alcoraz que tivo lugar nas súas inmediacións cara ao ano 1096. Está situado no Camiño Cocorón Alto s/n, próximo ao cerro de San Jorge.
Historia [editar]
Durante a tempada 1971-1972 reestruturouse a Terceira División española pasando a formar catro grupos, dunha nova categoría denominada 2ª División B. Nun deles participou a SD Huesca xunto a equipos da categoría de Real Valladolid, Osasuna, Salamanca ou Tenerife, o cal evocou á xunta a idea de construír un novo campo de fútbol para o equipo. Sería o terceiro campo do equipo tras La Cabañera e San Jorge.
Así, o 16 de xaneiro de 1972 inaugurouse El Alcoraz. A choiva e o frío non impediron unha boa afluencia do público oscense para ver un derbi entre o Huesca ante o Aragón. Tras a bendición do párroco e o saque de honra realizado polo presidente D. José Maria Mur Coronas, principal valedor do proxecto do arquitecto D. Raimundo Bambó Mompradé, houbo ovacións e a primeira vitoria azulgrana por 2-1.
O estadio de El Alcoraz, viviu momentos históricos do seu equipo, como o foi a final da Copa de España de afeccionados de 1974, na que gañaron por 3-0 ao Deportivo Aragón. Non só a Copa de España deixou gratos recordos, xa que no Alcoraz víronse boas eliminatorias de Copa do Rei, numerosas fases de ascenso e ata un partido da selección Sub-21 no que España gañou a Grecia por 2-0.