Sociedad Deportiva Huesca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Huesca
NomeSociedad Deportiva Huesca, S.A.D.
Alcume(s)Azulgranas
Fundación1960
EstadioEl Alcoraz,
Huesca, España
Inauguración1972
Capacidade5.000
PresidenteEspaña Agustín Lasaosa
AdestradorEspaña Míchel
LigaPrimeira División
2019–201.º (Segunda División)
Na rede
http://www.sdhuesca.es/
Facebook: sdhuesca Twitter: sdhuesca Instagram: sdhuesca Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

A Sociedad Deportiva Huesca é un club de fútbol de España, da cidade de Huesca en Aragón. Foi fundado en 1960 e milita na Segunda División Española[1]. Na actualidade conta con 4.100 socios. Debido á limitada capacidade do seu estadio, El Alcoraz, non é posible a admisión de novos socios polo momento. Espérase a presentación do proxecto do novo estadio proximamente.

Uniforme[editar | editar a fonte]

Viste a marca deportiva zaragozana Bemiser, que tamén viste ao CD Castellón.

  • Uniforme titular: Camiseta azulgrana a franxas horizontais, pantalón azul e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta coa cruz de San Xurxo, pantalón vermello e medias brancas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta azul celeste, pantalón azul celeste e medias azuis celestes.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio El Alcoraz.
El Alcoraz.

Durante a tempada 1971-1972 decidiuse construír un novo campo de fútbol para o Huesca e sería o terceiro campo do equipo situado no cerro de San Jorge. No estadio de El Alcoraz celebráronse partidos moi importantes, como a final da Copa de España de Afeccionados de 1974.

Na actualidade o estadio de El Alcoraz ten unha capacidade de 5.000 persoas e ultimamente fóronse renovando algunhas partes tras lograr o ascenso a Segunda.

O campo de adestramento é a Cidade Deportiva San Jorge, cunhas dimensións de 100 x 64 m de céspede artificial.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 2
  • Tempadas en : 10 (incluída a 2021/22)
  • Tempadas en 2ªB: 16
  • Tempadas en : 30
  • Maior goleada conseguida:
    • En casa: SD Huesca 11-0 Hernán Cortes CF (1994/95)
    • Fora: AD Sabiñánigo 0-10 SD Huesca (1993/94)
  • Mellor posto na liga: 19º (1ª División, tempada 2018-19)
  • Peor posto na liga: 15º (2ª División, tempada 1952-53)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. https://www.heraldo.es/multimedia/videos/deportes/futbol/la-sd-huesca-no-pasa-del-empate-con-el-valencia-y-regresa-a-segunda-division-0-0/