Necrópole de Santa Mariña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Necrópole de Santa Mariña é un conxunto de 40 mámoas, situado no monte de Santa Mariña, entre as parroquias luguesas do Viso (O Incio), Formigueiros (Samos) e Loureiro (Sarria). Constitúe unha das máis relevantes concentracións de arquitectura tumularia de todo o noroeste peninsular. O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural en 2006[1].

Características[editar | editar a fonte]

A necrópole foi construída entre o neolítico final (milenio IV ane) e o bronce inicial (milenio II ane), polo que existe unha gran diversidade nas dimensións e forma das antas e na ocupación do espazo funerario. En ocasións os monumentos están moi próximos e mesmo se superpoñen, e mesmo existe un lugar xerárquico no caso de tres elementos, desde os que son percibidos a metade dos integrantes da necrópole.

Amais das corenta medorras, o conxunto declarado ben de interese cultural inclúe tres gravados rupestres e un camiño real da idade moderna.

Notas[editar | editar a fonte]