Froila I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFroila I
Nome orixinal(es) Fruela I
(gl) Froila I Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento722 Editar o valor em Wikidata
Asturias Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xaneiro de 768 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Cangas de Onís Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Monarca do Reino de Asturias
757 – 768
← Afonso I o CatólicoAurelio →
Monarca do Reino de Galicia
757 – 768
← Afonso I o CatólicoAurelio → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Asturias
Reino de Galicia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerreiro Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Asturias
Princeps
Rei de Galicia Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMunia de Áraba Editar o valor em Wikidata
FillosAfonso II de Oviedo Editar o valor em Wikidata
PaisAfonso I o Católico Editar o valor em Wikidata  e Ermesinda Editar o valor em Wikidata
IrmánsMauregato, Adosinda e Vimarano Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Asturias-13

Froila I, nado en 722 e finado en Cangas de Onís no ao 768, foi un nobre da alta idade media, fillo de Afonso I, ao que sucedeu á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da Cordilleira Cantábrica[1] durante o seu reinado (757-768)[2].

Coma no caso do seu pai, o denominativo "de Asturias" é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX[3] denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle[3]. De feito, figura como rei de Galicia nas fontes historiográficas de orixe árabe.[4][5]

Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de reis de Galicia por boa parte dos historiadores galegos actuais[2], concedéndolle o nome de Froila I.[1]

Reinado[editar | editar a fonte]

Mapa político do noroeste da Península Ibérica tras a substitución da España visigoda, pola musulmá. Galicia aparece gobernada por numerosos señores territoriais cristiáns que tentan impoñer a súa autoridade sobre os demais[6].

Ao comezo do seu reinado enfrontouse a un exército enviado por Abderramán I, emir de Córdoba, nun lugar chamado Pontumio. Nesta batalla tomou prisioneiro a Ahumar, fillo de Abderramán, que foi degolado segundo uns autores, ou feito preso, segundo outros, morrendo no cativerio[7].

Tivo que reprimir duramente unha rebelión dos vascóns de Álava contra a súa autoridade. Tomou algúns reféns, entre eles a unha nobre chamada Munia, que sería a súa esposa. Pouco despois, segundo contan as dúas versións da Crónica afonsina, tivo que reprimir outra rebelión dos nobres galegos no ano 766[1], aos que venceu.

Reformou o clero do seu reino, prohibindo o casamento aos clérigos e incluso obrigando a deixar a esposa aos casados, o que lle gañou a inimizade de gran parte deste estamento.

Froila fundou diversos mosteiros da Orde de San Bieito, entre eles o de San Vicente de Oviedo, que foi a orixe da cidade de Oviedo; onde está enterrado xunta á súa esposa. O Cartulario de San Millán da Cogolla recolle a constitución, outorgada por Froila o 24 de abril de 759, dun convento feminino de 28 monxas co seu presbítero en San Miguel de Pedroso (Burgos), na fronteira leste do reino, onde un forte núcleo visigodo-cristián resistiu a invasión árabe ao amparo dos Montes de Aiago e a Serra da Demanda.

Vendo que o seu irmán Vimarano gañaba as simpatías da aristocracia, matouno el mesmo persoalmente, acusándoo de encabezar unha conspiración para destronalo[2]. Isto concitoulle a inimizade da nobreza, que confabulou para asasinalo na corte de Cangas de Onís. Unha vez asasinado Froila, resultou elixido coma sucesor ao trono o seu curmán Aurelio[1], fillo de Froila Pérez.[8]

Os fillos de Froila foron Ximena e Afonso (coñecido posteriormente como Afonso II). A súa nai Munia, temendo polas dúas vidas, enviounos ao Mosteiro de Samos (Lugo)[8], fundado polo seu marido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 López Teixeira, X.A. Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
  2. 2,0 2,1 2,2 López Carreira, A; Fernández Calo, T. Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
  3. 3,0 3,1 López Carreira, A. O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8
  4. Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 131. Rei de Galicia (Yilliqiya) (citando a Ibn al-Athir, Ibn Khaldun, Ibn Al-Khatib, al-Qalqashandi e El-Hajji) 
  5. Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.). Alfonse, roi de Galice ; il eut pour successeur son fils Firowilia / Afonso, rei de Galicia; foi sucedido polo seu fillo Froila 
  6. Barbosa Álvarez, J.M. Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0
  7. Couceiro Freijomil, Antonio. Historia de Pontedeume e a súa comarca, 4ª edición (1995). Xunta de Galicia ISBN 84-453-1437-8, páx. 25
  8. 8,0 8,1 Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Os reis e as raíñas da Galiza.
Vitiza. Paio, Fávila, Afonso e Froila. A nova monarquía galaica de 711 até 768.
(Nós Diario, 14.09.2022)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • López Carreira, A,; Fernández Calo, T. Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
  • López Teixeira, X.A. Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
  • López Carreira, A. O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
  • Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
  • Barbosa Álvarez, J.M., Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.
Reino de Galicia

Segue a:
Afonso I o Católico
Froila I
Precede a:
Aurelio
Primeiros caudillos (711-767)