Río Lóuzara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lóuzara
O río na aldea da Ponte, Lóuzara.
PaísGalicia Galicia
NacementoPedrafita do Cebreiro
Lonxitude29 Km
ConcaMiño-Sil
DesembocaduraRío Lor

O Lóuzara, é un río da provincia de Lugo, afluente do río Lor e este á súa vez do río Sil. Dálle nome ao Val de Lóuzara ou Terras de Lóuzara, no concello de Samos. Ten aproximadamente 29 km de lonxitude.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Nace da confluencia de varios regos que baixan da Serra do Rañadoiro, no concello de Pedrafita do Cebreiro, entre eles o río Louzarela. No seu tramo inicial fai de límite entre os concellos de Folgoso do Courel e o de Samos para logo internarse neste último, polo cal discorre a maior parte do seu percorrido, recibindo varios regos que descenden da Serra do Oribio e dos Montes de Lóuzara. Únese ao río Lor no concello do Folgoso do Courel a uns 430 m de altitude, preto da aldea do Touzón.

Explotación[editar | editar a fonte]

Antigamente funcionaban varios muíños, e ferrerías como a de Gundriz ou a de Santalla de Lóuzara, e algún mazo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]