Río Lor
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Lor é un río galego, afluente do Sil, situado na provincia de Lugo, e que discorre polas montañas do Courel.
Características [editar]
Ten 54 quilómetros de lonxitude, e a súa conca é de 372 km². Nace en Fonlor (Pedrafita do Cebreiro), percorre a serra do Courel de norte a sur, e finalmente dá as súas augas ao río Sil en Augas Mestas (Quiroga), unha aldea hoxe baixo as augas. Os seus afluentes máis importantes son os ríos Lóuzara e Pequeno.
O poeta courelao Uxío Novoneyra escribiu varios poemas tratando do río.
Fauna [editar]
No río e na súa bacía podemos encontrar peixes (troitas ou anguías), anfibios (o tritón palmado, a ra ibérica) e réptiles (o lagarto verdinegro). O mamífero máis representativo é a lontra.