África Occidental Española
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| África Occidental Española | ||||
|
||||
| Os territorios en 1912, antes de constituírse o África Occidental Española. | ||||
| Capital | Villa Cisneros | |||
| Lingua | Español | |||
| Goberno | Ditadura | |||
| Presidente | ||||
| • 1946–1958 | Francisco Franco | |||
| Historia | ||||
| • Establecido | 1946 | |||
| • Disolución | 1958 | |||
África Occidental Española foi o nome da agrupación de colonias e protectorados españois no oeste de África (excluíndo as illas Canarias). Creouse en xullo de 1946 agrupando o territorio de Ifni, a zona sur do protectorado español de Marrocos (coñecida como Cabo Juby), a zona de Saguia el Hamra e a colonia de Río de Oro.
O 14 de xaneiro de 1958, a agrupación deixou de existir. Cabo Juby foi cedido a Marrocos (acordo de Angra de Cintra, 1 de abril de 1958). Río de Oro e Saguia el Hamra formaron a provincia española de ultramar do Sáhara Español en tanto que Ifni formou outra provincia española de ultramar.