Guinea Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de Guinea Española.

Guinea Española foi unha colonia africana de España xunto co Protectorado Español de Marrocos e o Sáhara Español. Localizada no Golfo de Guinea no que se converteu na nación independente de Guinea Ecuatorial. Esta colonia formouse a partir da Colonia de Río Muni (formada en 1900), a illa de Fernando Poo, a Colonia de Elobei, Annobón e Corisco e outras illas adxacentes. A colonia durou entre 1885 e 1968. Foi reunificada en 1926 converténdose na Guinea Ecuatorial.

Dende a súa creación, a denominada Guinea Española sufriu tres cambios de réxime. Viviu na Monarquía (1926-1931), na República (1931-1936) e na ditadura de Francisco Franco (1939-1968).