Saguia el Hamra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saguia el Hamra, entre Cabo Juby e o paralelo 26º N.

Saguia el Hamra (en árabe: الساقية الحمراء as-Sāqīya al-Hamrā´), é con Río de Oro un dos dous territorios que formaban a antiga provincia española (antes de 1969, colonia) do Sáhara Español. Ocupaba o seu parte norte e tiña unha superficie aproximada de 82.000 km². A súa denominación provén do torrente do mesmo nome, que desembocaba, cando levaba auga, uns quilómetros ao oeste de El Aaiún, no seu porto.

Do cabo Bojador partía a liña divisoria coa veciña antiga provincia de Río de Oro, coa cal o paralelo 26º servíalle como fronteira sur. O paralelo 27º40' era a súa fronteira norte co territorio de Cabo Juby, pertencente ao Protectorado Español de Marrocos segundo o tratado franco-español de 1912. A súa fronteira oriental no interior era o meridiano 8º40' Oeste de Greenwich.

A capital era El Aaiún. No interior áchase a cidade de Esmara e máis ao leste e, xa preto da fronteira con Mauritania, a poboación máis pequena de Bir Lehlu, considerada polo Fronte Polisario capital provisional da República Árabe Saharauí Democrática, mentres a capital constitucional segue baixo a administración da Monarquía alauí.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]