Marc Ravalomanana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marc Ravalomanana
Presidente de (país): Madagascar
Período de goberno: 6 de maio de 2002 - 18 de marzo de 2009
Antecesor: Didier Ratsiraka
Sucesor: Andry Rajoelina
Nado en: 12 de decembro de 1949
Lugar: Imerinkasinina, Madagascar
Profesión: comerciante
Partido político frente Tiako'i Madagasikara

Marc Ravalomanana (nado o 12 de decembro de 1949). Presidente de Madagascar dende o 6 de maio de 2002 ata o 18 de marzo de 2009, data en que foi deposto por un golpe de estado militar, e substituído por Andry Rajoelina.