Anno Domini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dionisio o Exiguo inventou a era Anno Dómini para calcular a data de Pascua

Anno Domini (en latín, no ano do Señor), abreviado A.D., é un indicador calendario que indica que a cifra antecedente está contada a partir do ano cristián do nacemento de Xesucristo , considerado o inicio da era cristiá. No español contemporáneo emprégase con máis frecuencia o equivalente «logo de Cristo» (do grego Χριστός [jristós, o Unxido], referido a Xesús) abreviado d.C. para numerar os anos de éraa cristiá. Así, 1492 A.D. e 1492 d.C. representan ambos o ano en que Colón chegou a América.

Esta designación úsase para numerar os anos no calendario xuliano e o calendario gregoriano. A formulación latina orixinal Anno Dómini Nostri Iesu Christi foi simplificada posteriormente como Anno Dómini, sendo tal ano determinado no 525 por Dionisio o Exiguo na súa Táboa de Pascuas, adoptándose pola Europa occidental durante o século VIII e en Oriente no século XVI.

Cálculo erróneo[editar | editar a fonte]

O Papa Hormisdas encargou a Dionisio o Exiguo o establecemento do ano de nacemento de Xesucristo como ano primeiro da éra cristiá. Desgraciadamente, Dionisio equivocouse no cálculo, entre catro e sete anos.[1] ao datar o reinado de Herodes I o Grande, deducindo que Jesús naceu o ano 753 a.u.c. (Ab urbe condita ou data de fundación de Roma), cando debeu ser o 748 a.u.c.

Popularización[editar | editar a fonte]

O historiador anglosaxón Beda o Venerable, que estaba familiarizado coa obra de Dionisio o Exiguo, utilizou Anno Domini, datando o seu Historia ecclesiastica gentis Anglorum, terminada en 731. Nesta mesma historia tamén utilizou outro término latino, "ante vero incarnationis dominicae tempus" ("o tempo antes da encarnación verdadeira do Señor"), equivalente ao "antes de Cristo", para identificar os anos anteriores ao primeiro ano desta era,[2] establecendo así a norma de non utilizar un ano cero, malia utilizar o cero no seu cómputo. Tanto Dionisio como Beda consideraron Anno Domini a partir da encarnación de Jesús, pero a distinción entre a Encarnación e o Nadal non se elaborou ata finais do século IX, cando nalgúns lugares o momento da Encarnación foi identificado coa concepción de Cristo, é dicir, a Anunciación do 25 de marzo.

No continente europeo, o Anno Domini foi introducido como a era elixida no Renacemento carolinxio por Alcuino. O seu respaldo polo emperador Carlomagno e os seus sucesores popularizou o seu uso e difundiuse por todo o Imperio Carolinxio. Segundo a Enciclopedia Católica, os papas continuaron fechando os documentos de acordo cos anos do seu reinado durante algún tempo, pero o uso de AD aos poucos fíxose cada vez máis común nos países católicos dos séculos XI ao XIV. Os países ortodoxos só empezaron a adoptar o AD en lugar do calendario bizantino en 1700, cando Rusia fíxoo, mentres que outros o adoptaron nos séculos XIX e XX.

Malia que o uso de Anno Domini estaba xeneralizado durante o século IX, o antes de Cristo (ou o seu equivalente) non foi común ata moito máis tarde. Beda utilizou a expresión "anno igitur ante incarnationem Dominicam" ("antes da Encarnación do Señor") dúas veces. Un "Anno an xpi nativitate" (no ano antes do nacemento de Cristo) atópase en 1474 nunha obra dun monxe alemán.[3]

En 1627, o teólogo xesuita francés Denis Pétau (Dionysius Petavius en latín), coa súa obra De doutrina temporum, popularizou o uso ante Christum (latín para "antes de Cristo") para marcar os anos anteriores a AD.

Data aceptada[editar | editar a fonte]

Esta numeración de anos baseada na éra cristiá é predominante en moitos lugares do mundo, así como no uso comercial e científico. foi o estándar global durante décadas, sendo recoñecida por institucións internacionais como as Nacións Unidas e a Unión Postal Universal. Tal predominancia débese á relevancia da cristiandade no mundo occidental e a influencia deste na ciencia, tecnoloxía e o comercio, así como polo feito de que o calendario gregoriano foi considerado durante bastante tempo como astronomicamente correcto..[4]

Outras denominaciones equivalentes[editar | editar a fonte]

En galego, no canto de "Anno Domini", úsase xeralmente a expresión "despois de Cristo", abreviada como "d.C.".

Era común[editar | editar a fonte]

Para evitar a referencia ao Cristianismo, aínda mantendo a datación cristiá, foi introducida a expresión vulgaris era, que adoita traducirse en galego como "Era Común", abreviada en "e.c." ou "E.C.". Nos países anglosaxóns úsase "common era", abreviado "C.E.".

As seguintes expresións son xa que logo equivalentes:

2012 A.D., 2012 d.C., 2012 e.c., 2012 C.E., 2012 E.V.

En lingua inglesa, en modo parecido ao uso latino, colócase a abreviatura antes do número do ano, por exemplo: AD 2006.

Anno Salutis[editar | editar a fonte]

Anno Salutis, frecuentemente traducido do latín como "no ano de graza" ou "no ano da salvación", é unha expresión equivalente a Anno Domini, porque para o Cristianismo o nacemento de Jesús significou o inicio da salvación.

Trátase dunha expresión usada ata o século XVIII. Aparece a miúdo nunha forma máis elaborada como Anno Nostrae Salutis ("no ano da nosa salvación", abreviado An. Nos. Sal.), Anno Salutis Humanae ("no ano da salvación dos homes", abreviado An. Sal. Hum.) ou Anno Reparatae Salutis ("no ano da salvación realizada", abreviado An. Rep. Sal.).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. David.E.Duncan.Calendar 1999:humanity's epic struggle to determine a true and accurate year ISBN 0-380-79324-5
  2. Beda 731, Libro 1, Capítulo 2.
  3. Werner Rolevinck in Fasciculus temporum (1474) usaba Anno an xpi nativitatem (no ano antes do nacemento de Cristo) para todos os anos entre a creación e Xesucristo. "xpi" é o grego χρι en escritura latina, unha abreviatura críptica para Cristo. Esta frase aparece ao revés no centro do recto dos folios (páxinas da dereita). O papa Sisto IV adoitaba utilizar polo xeral Anno christi ou a súa forma críptica Anno xpi (no verso dos folios da esquerda). Utilizaba tamén Anno mundixunto con todos estes términos para todos os anos
  4. A duración promedio do ano no calendario gregoriano é de 365,2425 días, aproximando o ano trópico promedio fai máis de cinco milenios. O ano trópico é agora moi próximo a 365,2421875 días, é dicir, aproximadamente 27 segundos ao ano máis curto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]