Provincia de Antananarivo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A provincia de Antananarivo é unha das seis provincias de Madagascar. A capital provincial e a a dos estado coinciden na cidade de Antananarivo, que é poboación que lle da o nome á provincia. Conta cunha área de 58283 km², con 4.580.788 de habitantes (2001).
Antananarivo fai linde coas provincias de Mahajanga, ao norte, Toamasina, ao leste, Fianarantsoa, ao sur e Toliara a oeste.
Rexións [editar]
| Nome | Capital |
| Analamanga | Antananarivo |
| Bongolava | Tsiroanomandidy |
| Itasy | Miarinarivo |
| Vakinankaratra | Antsirabe |
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |