Economía de Madagascar
| Economía de Madagascar | |
|---|---|
| Moeda | Ariany |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 20,51 mil millóns (2009) |
| Posición do PIB | 122ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 0,4% (2009) |
| PIB per cápita | $ 1.000 (2009) |
| PIB por sector | agricultura 26,6%, industria 15,6%, comercio e servizos 57,8% (2009) |
| Inflación | 8% (2009) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 50% (2004) |
| Total da forza de traballo | 9.504.000 (2009) |
| Forza de traballo por sector | dato non dispoñíbel |
| Desemprego | dato non dispoñíbel |
| Industrias | procesamento de carne, marisco, xabón, cervexa, curtido de couro, sucre, textis, vidro, cemento, montaxe de automóbiles, papel, petróleo, turismo |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 1,04 mil millóns (2009) |
| Produtos de exportación | café, vainilla, marisco, sucre, tecidos de algodón, cromita, derivados de petróleo |
| Principais mercados | Francia 38,9%, Estados Unidos 20,3%, Alemaña 5% (2008) |
| Importacións | 1 836 millóns (2009) |
| Principais produtos importados | bens de capital, petróleo, bens de consumo, alimentos |
| Principais mercados | República Popular China 20,1%, Bahrein 8,7%, Francia 6,3%, África do Sur 5,7%, Estados Unidos 4,9%, India 4,4% (2008) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 2.054 millóns (2009) |
| Receitas | 1.232 millóns (2009) |
| Despesas | 1.861 millóns (2009) |
A agricultura e tamén a pesca e a silvicultura son os piares da economía de Madagascar, respondendo por 25% do produto interno bruto e 80% dos empregos do país[1]. A industria ten como principais actividades a fabricación de téxtiles e o procesamento de produtos agrícolas. As exportacións de roupas creceron nos últimos anos, grazas ao acceso sen impostos ao mercado dos Estados Unidos[1].
Entre o 1992 e o 1997 o país creceu menos que a súa poboación. Entre o 1997 e o 2001 a pesar da aceleración do crecemento, a pobreza permaneceu elevada, especialmente nas áreas rurais[3]. Unha crise disparada pola disputa presidencial de decembro de 2001 paralizou a economía do país por 6 meses. O produto interno bruto caeu 12,7% o 2002. Porén, grazas a investimentos externos, o país retomou o crecemento o 2003 en máis de 9%[3]. Entre o 2004 e o 2005 a devaluación da moeda (o franco malgaxe, substituído polo ariany o 2005) e a inflación dificultaron o crecemento económico.
A redución da pobreza e o combate á corrupción deberán ser os piares das políticas económicas nos próximos anos[1].
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/ma.html
- ↑ https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2001rank.html
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeGlobaledge