Hermenexildo Amoedo Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hermenegildo Amoedo»)
Infotaula de personaHermenexildo Amoedo Carballo
Biografía
Nacemento10 de abril de 1747
Pontevedra
Morte24 de decembro de 1811
Mantua (Italia)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Hermenexildo Amoedo Carballo, nado en Pontevedra o 10 de abril de 1747 e finado en Mantua (Italia) o 24 de decembro de 1811, foi un relixioso e poeta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Compañía de Xesús de Pontevedra canda a José Francisco de Isla, e ingresou na compañía en decembro de 1762. Logo da expulsión da orde de España por parte do rei Carlos III en 1767, ambos os dous marcharon a Italia.

En 1787 publicou en Boloña a obra Carmen patrium sive Pontevedra, escrita en latín en romance con 429 versos hendecasílabos[1]. Foi reeditada en 1788 en Santiago de Compostela.
A peza, adicada a Sebastián Malvar Pinto (tamén pontevedrés, e arcebispo de Santiago de Compostela), foi traducida ao galego por Xoán Manuel Pintos e incluída na súa obra A gaita gallega (en 1853). Nesta obra narra a morriña pola súa cidade natal, Pontevedra, que deixara no ano 1762. É descrición bastante detallada da Boa Vila no seu tempo.

Foi preso por non prestar xuramento a Xosé Bonaparte, rei de Nápoles, como o resto dos xesuítas. Eles segundo as súas normas non poden prestar xuramento de obediencia e ninguén agás ao Papa e ao xeneral da Compañía. Morreu na cadea de Mantúa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alonso Montero, Xesús (1998): "Pontevedra na voz de dous exiliados", artigo en La Voz de Galicia, 21 de agosto de 1998.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]