Claudio González Zúñiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaClaudio González Zúñiga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1784 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de novembro de 1857 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 4121

Claudio González Zúñiga, nado en Pontevedra o 3 de agosto de 1784 e finado na mesma vila o 3 de novembro de 1857, foi un médico, historiador e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Placa na rúa que leva o seu nome en Pontevedra.

Combateu durante a Guerra da Independencia española, sendo distinguido co Foro Militar e cunha pensión vitalicia. En 1815 fíxose frade da orde de San Xoán de Deus, pero trala desamortización desapareceu a orde e marchou do hospital.

En 1823 foi elixido alcalde de Pontevedra. Trala fin do Trienio liberal foi perseguido polas sociedades secretas Estrella e El Ángel Exterminador. Refuxiouse nun barco contrabandista en Beluso (Bueu), pero caeu en mans inimigas. Foi desterrado por un tribunal eclesiástico a Seixido (A Lama), e despois foi condenado a catro meses de reclusión no convento de Herbón. A pesar da amnistía xeral do 1 de maio de 1824, aínda pasou ano e medio recluído en Chamadoira (Cerdedo-Cotobade). Ao regreso a Pontevedra defendeu a capitalidade provincial na división territorial de España en 1833, fronte á corrente liderada por Francisco Javier Martínez Enríquez Sarmiento de Valladares, marqués de Valadares, que defendía que fose Vigo. Foi deputado pola provincia de Pontevedra na lexislatura 1840-1841.

Licenciado en medicina e cirurxía, axudou a combater a vaga de cólera que asolou a comarca no inverno de 1833.

Foi director do Instituto de Ensino Secundario Provincial. Leva o seu nome unha rúa de Pontevedra, trala capela da Virxe Peregrina[1].

Obra[editar | editar a fonte]

Capa de Historia de Pontevedra.
  • Historia de la medicina y cirujía (1822)
  • Descripción Económica de la provincia de Pontevedra (1834)
  • Historia de Pontevedra (1846)
  • Descripción geográfica, estadística, económica e histórica de la ciudad capital de Pontevedra y sus hombres célebres (1848)
  • Diccionario de los jeroglíficos que contienen las medallas antiguas romanas (1854)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González Clavijo, P.: Las calles de Pontevedra. Deputación de Pontevedra, 2008. ISBN 978-84-8457-312-8 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]