Pardo de Cela
| Pardo de Cela | |
|---|---|
| Mariscal | |
Copia dun lenzo que representa a Pedro Pardo de Cela no Castelo da Frouxeira |
|
| Nome completo | Pedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira |
| Nacemento | c. 1425 Betanzos |
| Falecemento | 17 de decembro de 1483 Mondoñedo |
| Rexente | Reis Católicos |
| Consorte | Isabel de Castro |
| Descendencia | Constanza de Castro e Beatriz |
| Pai | Xoán Nunes Pardo de Cela, o Vello |
| Nai | Teresa (ou Violante) Rodríguez de Aguiar |
Pedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira, coñecido como don Pero Pardo de Cela nado en Betanzos cara ao 1425 e degolado en Mondoñedo o 17 de decembro de 1483, foi un mariscal galego medieval, decapitado diante da catedral mindoniense por mandato do gobernador do reino nomeado polos Reis Católicos.
Índice |
[editar] Traxectoria
Segundo fillo de Xoán Nunes Pardo de Cela, o Vello, comendeiro de bispado de Mondoñedo, e de Teresa (ou Violante) Rodríguez de Aguiar, ao falecer seu irmán herdou as propiedades e privilexios da familia. A súa posición mellora ao casar coa filla do Conde de Lemos, Isabel de Castro, que viñera co seu tío, Pedro Enrique de Castro, bispo de Mondoñedo (1426-1445) á cidade episcopal, onde Pardo de Cela era meiriño, en representación da Casa de Lemos. O bispo deulle en dote de voda todas as rendas do bispado, agás as que necesitaba para o seu sustento. Falecido o bispo en 1445, Pero Pardo trasládase a Viveiro, onde chega a ser alcalde (a mención máis antiga que se ten del é unha sentenza de 1464 en que se titula alcalde de Viveiro e comendeiro do bispado) e en 1474 xa ten o título de Mariscal. Merca a "casa do Carballo de Galdo", cabeza do seu morgado. Adquiriu moitos beneficios por herdanza, matrimonio e concesión real.
Foi pai de Constanza de Castro e de Beatriz:
[editar] A revolta irmandiña
A pesar de que a historiografía galeguista chegase ao extremo de facer del un irmandiño, o certo é que foi un dos seus máis acérrimos inimigos e tivo que fuxir de Galiza até a restauración nobiliaria. Da súa ferocidade dá conta a famosa frase referida por Pedro Paxariño no preito Tabera - Fonseca, onde Pardo de Cela lle di ao Conde de Lemos que aforque todos os seus servos:
Ao finalizar a revolta co restabelecemento da nobreza e da Santa Irmandade, aínda ficaron preitos pendentes, en 1467 a Condesa de Santa Marta queixábase á irmandade:
En 1469 o Concello de Viveiro envía unha relación ao rei, na que se queixan da violencia dos nobres:
[editar] A guerra de sucesión
Á morte de Henrique IV de Castela, a maioría da nobreza castelá apoiou a causa de Isabel de Castela, acusando á filla do rei Xoana de ser filla ilexítima de Beltrán de la Cueva e alcumándoa la Beltraneja. A nobreza galega en xeral apoiou á herdeira máis lexítima que ademais supoñía a unión dos reinos de Castela e Portugal fronte á unión con Aragón. Pardo de Cela, xunto coa súa familia política e o bispo Alonso I de Fonseca, puxéronse da parte de Isabel e parece que o mariscal chegou a combater en Zamora. Participou tamén xunto a Fonseca no cerco a Pontevedra de 1476.
[editar] O enfrontamento coa coroa
O seu apoio a Isabel a Católica contra a pretendente lexítima Xoana a Beltranexa foi axiña recompensada pola nova raíña ratificando todos os seus privilexios e sendo confirmado no seu cargo de alcalde de Viveiro. Pero o mariscal non ía acomodarse á política de control da nobreza dos novos reis e logo entrou en conflito con eles. No 1476 é destituído da alcaldía polos Reis Católicos. O 10 de xuño de 1478 os reis comínano a satisfacer as súas débedas coa coroa inmediatamente e o 26 dese mes Fernando de Aragón prohíbelle construír fortalezas, utilizar portos e entrar en Viveiro e na súa comarca, baixo pena de confiscación. Ese mesmo ano os Reis Católicos escriben aos concellos de Santa Marta de Ortigueira e Mondoñedo para que non o deixen entrar nas súas lindes. É neste clima de enfrontamento cos cidadáns e coa coroa que chega a Galiza en 1480 Fernando de Acuña con ordes claras de pacificar o reino e restabelecer os dereitos usurpados, como lle escribiu a raíña ese mesmo ano:
Asustado ante o perigo que corre a súa vida, pide unha carta de "seguro e amparo" aos Reis e refúxiase na Fortaleza da Frouseira, onde se fai forte e derrota decote ás tropas castelás e ás "hermandades", comandadas por Acuña e Luis de Mudarra. A raíña confirma en carta a Fernando de Acuña o 4 de novembro de 1480 a fidelidade do seu vasalo:
Aínda así a súa persecución continúa. En 1483 cae a fortaleza da Frouseira e o 7 decembro é detido na casa de Fonsa Yáñez en Castrodouro (no actual concello de Alfoz, Lugo) e lévano preso a Mondoñedo, onde dez días despois lle cortan a cabeza "por cruel e poderoso", segundo palabras do Poder Real.
A causa da súa morte non fica clara. A tradicional atribución a unha vontade explícita dos reis non está documentada, o que levou a algúns estudosos a atribuíla a enfrontamentos coa nobreza local que naquel momento apoiaba a Acuña (e que tiña moitos asuntos pendentes co mariscal). Xa as crónicas da época insinúan a situación de Acuña aínda que sen deixar claro quen apoiaba a quen:
Isto apoia a teoría de que Acuña, incapaz de controlar o territorio aproveitou un momento de debilidade dos seus opoñentes coa morte do Conde de Lemos para dar un golpe de forza e intentar subxugar á nobreza rebelde. Isto concorda co feito de que Fernando de Acuña foi deposto do seu cargo a comezos do ano seguinte, aínda que non perdeu a confianza dos reis e acabaría os seus días como vicerrei en Sicilia.
A figura do mariscal é unha das máis mitificadas da Historia de Galicia. Moitas veces foi usada como símbolo de resistencia da nobreza galega fronte á castelá, visión que a historiografía deu como simplificada por demais. Da mesma forma, tamén o é a intención de facer do mariscal un criminoso sen escrúpulos. Pardo de Cela era un personaxe normal no seu contorno: A nobreza galega da época que dubidaba entre a unión con Portugal ou con Castela e que intentaba extorquir aos servos de tal forma que deu lugar ás revoltas irmandiñas.
[editar] A Lenda
Segundo a lenda os mandatarios reais tramaron a traizón da Frouseira ante a imposibilidade de poder conquistala. A Pardo de Cela teríano vendido os 23 criados que defendían a fortaleza. Os "cantares" din que o traidor foi Roi Cofano do Valadouro. A rexa loita durante tres anos na Frouseira, a traizón dos criados e o degolamento, coas semellanzas á morte de Xesús, convérteno axiña en "mito" e comeza a ser trobado en feiras e mercados.
Jesús, nosso Redentor,
e por questes treydores,
[editar] A Ponte do Pasatempo
Non obstante, a lenda máis tradicionalmente asentada en torno á execución do Mariscal, di que a súa muller, Isabel de Castro traía con ela o perdón real cando foi entretida nun lugar coñecido coma a "ponte do pasatempo" polas xentes do bispo de Mondoñedo, inimigo do Mariscal. Porén, a execución estaríase a consumar e a cabeza do mariscal, xa desprendida do corpo, estaría a rodar polos banzos do cadafalso, mentres os seus beizos aínda pronunciaban as verbas "credo, credo, credo"[10].
Actualmente, a ponte do pasatempo é aínda un lugar visitado de Mondoñedo e a lenda en torno á morte do Mariscal ten feito correr ríos de tinta en forma de poemas, cancións, novelas, ensaios histórico-lendarios e análises científico-históricas destinados a esclarecer que parte podería ter de verdade a lenda de Pardo de Cela.
[editar] A tumba do mariscal
O único que sabemos dos últimos meses do Mariscal é grazas á chamada "Relazón da carta executoria" (da cal existen tres versións, dúas en galego e unha en castelán). Unha Relazón foi atopada no pazo dos Taboi, concello de Outeiro de Rei, e escrita con case toda seguridade por un membro da familia dos Saavedra, aló polo ano 1515.
Nese texto, exprésase a propósito do seu soterramento:
Parece que foi exactamente así como di a "Relazón" pois, ao facer unhas obras na catedral mindoniense o día 16 de marzo de 1965, quedou ao descuberto unha sepultura co escudo de armas do Mariscal e coa inscrición Pardo de Cela arno de Viveiro no mesmo sitio que sinala o documento. Levantada a lápida, apareceron tres cranios cos ósos correspondentes e, debaixo deles, os restos do citado arcediago, Xoán Pardo de Cela, que morreu no 1613.
Como sinala o doutor Enrique Cal Pardo no prólogo do libro "Mito do Mariscal" é evidente a relación familiar dos restos do Mariscal e do seu fillo coa tumba do arcediago se engadimos que ademais se atopou unha moeda coa efixie de Henrique IV –segundo testemuño do doutor D. F. Mayán, presente durante a apertura da tumba-. Evidentemente esta moeda non podía ser do arcediago.
Co gallo destas obras trasladouse a lápida do Mariscal a outro sitio da Catedral mindoniense. Concretamente púxose enfronte da capela da Virxe Inglesa. Durante este traslado deteriorouse a lápida: aínda hoxe ten cemento enriba e na actualidade é ilexible. A colocación orixinal da tumba era xunto ao Pulpito do Evangeo, e porta da Capela mor da Catedral segundo a familia Saavedra.
[editar] Notas
- ↑ Vasco da Ponte Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia. Parágrafo.180
- ↑ Vasco da Ponte Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia Par.114
- ↑ Preito Tabera - Fonseca, Folio 341
- ↑ Archivo Histórico Nacional, diversos, Colección diplomática Ed. Pardo de Guevara y Valdés: Notas para una relectura del fenómeno hermandino de 1467
- ↑ Archivo Histórico Nacional, diversos, Colección diplomática Ed. Villaamil y Castro "El Mariscal Pardo de Cela", en Galicia Histórica, I páxinas 83-98
- ↑ L.Fernández Vega, La Real Audiencia de Galicia Deputación Provincial de A Coruña, 1982 pp8-9
- ↑ Historia de Galicia, Via Láctea Volume III páx. 317
- ↑ Vasco da Ponte Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia
- ↑ O Marechal Pero Pardo de Cela.
- ↑ A execución do Marechal Pero Pardo de Cela.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- O mito do Mariscal Pardo de Cela : historia, lendas e literatura, Meilán García, Antonio José, Asociación Cultural O Mundo de Galea (2004) ISBN 8460911284
- Pardo de Cela y Galicia, Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo José Alvarellos Editora Técnica (1981) ISBN 84-85311-39-6
- O Mariscal Pardo de Cela e o seu tempo : I Xornadas de Estudios Medievais da Mariña Central, celebradas do 4 ó 7 de decembro de 2004 en Alfoz, Xornadas de Estudios Medievais da Mariña Central, Deputación Provincial de Lugo. Servicio de Publicacións (2006) ISBN 84-8192-344-3
- Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia,Vasco da Ponte . Xunta de Galicia. 1986 ISBN 8450533899
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
Distintos puntos de vista sobre a súa vida:
- "Historia de Galicia", de Ramón Villares
- Britonia
- Ideas sobre a súa vida (en castelán)
- Páxina oficial da ruta "Pardo de Cela"
- Mitos da historiografía galeguista por Carlos Barros, Universidade de Santiago de Compostela, con ampla información
- O mariscal Pardo de Cela e a igrexa mindoniense, en pdf (en castelán)
- Brasón dos Pardo de Cela
Obras literarias baseadas no personaxe: