Benito Vicetto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benito Vicetto Pérez, nado en Ferrol o 21 de maio de 1824 e finado na mesma cidade o 28 de maio de 1878, foi un escritor e historiador galego.

[editar] Traxectoria

Foi militar, oficial de prisións, director da Real Casa da Moeda de Xubia e funcionario de facenda. Destacou sobre todo como historiador, coa súa obra Historia de Galicia (1865). Prolífero autor literario en lingua castelá (na que cultivou a poesía, a novela, o teatro e o ensaio), escribiu en lingua galega tres poemas (un romance carente de título, a Cantiga dos Borboriños e Ti e eu. Sono dunha noite de vrao). Na súa poesía xa se recrea o mundo fantástico que reaparece posteriormente en Eduardo Pondal, e mais a utilización de topónimos como nomes de personaxes lendarios (trazo sistemático no poeta da Ponteceso).

Por outra parte, Vicetto autoconsiderábase o fundador do Rexionalismo, e sentou as bases para o desenvolvemento deste período. Ademais, foi fundamental para o (re)nacemento da historiografía galega.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas