Práxedes Mateo Sagasta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Práxedes Mateo Sagasta.

Práxedes Mateo Sagasta Escolar, nado en Torrecilla en Cameros (A Rioxa) o 21 de xullo de 1825 e finado en Madrid o 5 de xaneiro de 1903, foi un político español e destacado orador polo seu talento retórico e valores fortes. Foi presidente do Consello de Ministros (1871-1872) e presidente do Goberno Español (1874-1874), (1881-1883), (1892-1895), (1897-1899) e (1902-1902).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a mocidade sostivo ideas revolucionarias para a súa época pero evolucionou cara ó liberalismo democrático. Estudou a carreira de enxeñeiro de camiños pero nunca exerceu como tal pois adicouse ó xornalismo e á política.

Militou no Partido Progresista mentres estudaba na Escola de Enxeñería de Madrid, onde foi o único da escola que refusou asinar unha carta de apoio á raíña Sabela II en 1848. Rematados os estudos, xogou un activo papel na vida política española participando na política da restauración dentro do Partido Liberal Fusionista.

Sagasta foi membro das Cortes entre 1854 e 1857 e entre 1858 y 1863. En 1866 exiliouse a Francia tras un golpe de estado falido. Volveu a España en 1868, incorporándose ó goberno provisorio que asumiu o poder tralo destronamento de Sabela II.

Entre 1871 e 1902 foi varias veces presidente do goberno dentro da alternancia de poder pactada con Cánovas del Castillo. Desenvolveu nos seus varios mandatos medidas avanzadas entre as que destaca a reimplantación definitiva do sufraxio universal (exclusivamente masculino) en 1880.

O asasinato de Cánovas en 1897 volveuno ó poder. Na guerra cos Estados Unidos polas colonias de ultramar decidiu intervir militarmente a pesar de que era consciente da completa supremacía norteamericana. O tratado de París de 1898 significou a perda dos últimos restos do imperio colonial español. A opinión pública fíxoo responsable da desfeita coñecida popularmente como "Desastre do 98".


Predecesor:
José Malcampo y Monge
Escudo de España Amadeo de Saboya.svg
Presidente do Consello de Ministros de España

1871 - 1872
Sucesor:
Francisco Serrano Domínguez
Predecesor:
Juan Zavala de la Puente
Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España

1874
Sucesor:
Antonio Cánovas del Castillo
Predecesor:
Antonio Cánovas del Castillo
Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España

1881 - 1883
Sucesor:
José Posada Herrera
Predecesor:
Antonio Cánovas del Castillo
Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España

1885 - 1890
Sucesor:
Antonio Cánovas del Castillo
Predecesor:
Antonio Cánovas del Castillo
Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España

1892 - 1895
Sucesor:
Antonio Cánovas del Castillo
Predecesor:
Marcelo Azcárraga Palmero
Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España

1897 - 1899
Sucesor:
Francisco Silvela
Predecesor:
Marcelo Azcárraga Palmero
Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España

1902
Sucesor:
Francisco Silvela

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Rúa de Sagasta en Pontevedra.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]