Isidoro Millán Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isidoro Millán Mariño, nado en Pontevedra en 1890 e finado na mesma cidade en 1983, foi un avogado, político e xornalista galego, pai de Isidoro Millán González-Pardo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola USC. Membro de «Helenes nº 7», o seu nome simbólico era Urco e só acadou o grao 1º (aprendiz). Colaborou en La Correspondencia Gallega, que dirixía o seu pai José Millán e Faro de Vigo. Participou no Pacto de Barrantes (1930) e liderou o Partido Liberal Demócrata en Pontevedra. Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo Partido Republicano Liberal Demócrata nas eleccións xerais de 1933, e ocupou o cargo de Director Xeral de Xustiza durante o bienio cedista. En 1935 entrevistouse con José Calvo Sotelo en Cuntis, defendendo a unión das forzas de centro e dereita para opoñerse ás esquerdas. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi deportado durante seis meses a unha vila de Cáceres, acusado de ser masón. Despois permaneceu afastado da actividade política, dedicándose á súa profesión.

Publicou A la sombra del Apóstol (Once siglos de vida compostelana) en 1938. Aparece como figurante na pelicula Miss Ledyia (1916).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]