Teucro (heroe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Teucro en Pontevedra.

Teucro (en grego Τεύκρος) foi un heroe grego fillo de Telamón e da súa segunda esposa Hesíone (filla de Laomedonte). Era á súa vez sobriño do rei Príamo de Troia, e por tanto curmán de Héctor e Paris, contra os que loitou na guerra de Troia. Tivo fama de ser un hábil arqueiro durante esa guerra, sempre ó lado do seu medio irmán Áiax.

Estatua de Teucro en Pontevedra.

De regreso ó fogar, Telamón reprocháballe non ter vingado a morte de Áiax. Se ben Teucro alegaba que seu irmán se suicidara e non había en quen vingarse, o pai insistiu tanto que Teucro tivo que se embarcar á mar en busca dunha nova patria.

Teucro en Pontevedra[editar | editar a fonte]

Segundo a lenda, que non se corresponde coa realidade histórica, Teucro arribou ás costas galegas, fundando unha colonia á que chamou Helenes e que deu lugar á actual Pontevedra. Unha placa na entrada da Casa do Concello recolle así esta lenda:

Fundote Teucro valiente de aqueste río en la orilla para que en España fueses de villas la maravilla

Esta inscrición recolle outra datada no século XVI, colocada na Casa del Concejo.

A memoria do fundador da cidade, na Basílica de Santa María existe unha estatua de Hércules que se interpreta como o propio Teucro. Na fonte que hai fronte á igrexa da Peregrina colocouse en 1956 outra estatua que o representa.

Nun dos cetros da Confraría de Mareantes de Pontevedra tamén aparece esta imaxe de Teucro (ou Hércules) co león.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]