Filiberto Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Filiberto Abelardo Díaz»)
Filiberto Díaz
Nacemento1838
Lugar de nacementoValencia
Falecemento6 de xuño de 1923
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valencia
Ocupaciónavogado, político e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Filiberto Abelardo Díaz Donderis, nado en Valencia en 1838 e finado en Madrid o 6 de xuño de 1923[1], foi un avogado, xornalista e político español, moi vinculado á cidade de Pontevedra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Valencia, comezou a súa traxectoria xornalística coa fundación de El Eco del Turia en 1857, xornal que durou pouco máis dun ano. Tras pasar brevemente por El Eco de Valencia (1858), en 1859 incorporouse á redacción de El Valenciano, do que chegou a ser o director. Máis dunha década estivo vinculado ao xornalismo valenciano, ata que en 1878 fundou La Publicidad de Madrid, do que tamén foi o seu director.

Aínda que inicialmente estivo no Partido Moderado e na Unión Liberal, a súa engalaxe política acadouna como membro do Partido Conservador. Así, foi nomeado gobernador civil das provincias de Burgos (1875), Bilbao, Baleares, Granada e finalmente de Pontevedra en 1880. Alí impulsou a fundación do Monte de Piedad de Pontevedra, que anos despois se transformaría en Caixa de Aforros de Pontevedra. Ese mesmo ano de 1880, así como da Exposición Rexional de 1880, que incluíron uns xogos florais en que participou cun "Himno a Pontevedra".

Máis tarde foi nomeado gobernador civil da Coruña (1897) e de Alacant. Posteriormente foi interventor de Facenda en Córdoba (1901), Toledo e Murcia (1904). Foi secretario de Juan Francisco Camacho, un dos políticos máis relevantes da Primeira República Española e da Restauración borbónica, que chegou a ser ministro de Facenda.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Historia de la canonizacion de los mártires japoneses y del Beato Miguel de los Santos, 1862 (con Silvestre Rongier).
  • Guía novísima de Valencia, 1867.
  • A la paz: oda, 1877

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A cidade de Pontevedra dedicoulle a rúa de Don Filiberto[2].

Tamén recibiu a cruz de Isabel a Católica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Correspondencia de España, 7-6-1923, p. 6.
  2. Don Filiberto

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]