Alfredo García Alén
Alfredo García Alén, nado en Pontevedra o 10 de abril de 1923 e finado o 25 de xaneiro de 1981, foi un historiador e mestre galego. Irmán de Luciano García Alén.
Índice |
Traxectoria [editar]
Formación [editar]
Comezou con 15 anos colaborando no Museo Provincial de Pontevedra, obtendo por oposición ós 25 anos a praza de auxiliar de secretaría, sendo seis anos despois secretario. Obtivo os títulos de Bacharelato e Mestre, e as licenciaturas de Dereito e Filosofía e Letras. Doutorouse cunha tese sobre Cerámica popular gallega.
Actividades [editar]
Foi membro da Real Academia Galega, do Instituto Padre Sarmiento e do Museo do Pobo Galego, e mestre no Instituto de Pontevedra (o que agora é o I.E.S. Sánchez Cantón).
Estudou a prehistoria, o folclore e a antropoloxía galegas, pronunciando moitas conferencias e escribindo moitos artigos sobre diversos temas (numismática, etnografía ou a Virxe da Peregrina).
Bibliografía [editar]
- La alfarería de Galicia (con Luciano García Alén e Xosé M. Gómez Vilasó); A Coruña : Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1983. ISBN 84-85728-30-0
- Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra (con Antonio de la Peña Santos); A Coruña : Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1980. ISBN 84-85728-04-1