Andrés García Camba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrés García Camba

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1791 Editar o valor em Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de outubro de 1861 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Spanish governor of Puerto Rico (en) Traducir
xaneiro de 1855 – agosto de 1855
← Fernándo Norzagaray y Escudero (en) TraducirJosé Lémery →
Senador de España
10 de marzo de 1853 – 6 de outubro de 1861
Circunscrición electoral: senador vitalicio
Capitán Xeral de Galicia
2 de abril de 1843 – 18 de xuño de 1843
← Santos Fernández San Miguel y Valledor (en) TraducirCésar Tournelle (en) Traducir →
Q107978200 Traducir
20 de maio de 1841 – 26 de maio de 1842
← Joaquín de Frías (pt) TraducirEvaristo Fernández de San Miguel (en) Traducir →
Senador de España
18 de maio de 1839 – decembro de 1843
Circunscrición electoral: provincia de Valencia
Capitán Xeneral de Filipinas
27 de agosto de 1837 – 29 de decembro de 1838
← Pedro Antonio Salazar Castillo y Varona (pt) TraducirLuis Lardizábal (en) Traducir →
Ministro de Mariña de España
18 de agosto de 1836 – 11 de setembro de 1836
← Miguel Moreno Jiménez (en) TraducirRamón Gil de la Cuadra (en) Traducir →
Ministro da Guerra
10 de agosto de 1836 – 14 de agosto de 1836
← Santiago Méndez de Vigo (pt) TraducirJosé Ramón Rodil →
Deputado no Congreso dos Deputados
14 de novembro de 1835 – 27 de xaneiro de 1836
Circunscrición electoral: Filipinas
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , escritor , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra da Independencia española Editar o valor em Wikidata
Premios

Galiciana: 12347

Andrés García Camba y de las Heras, nado en Monforte de Lemos en 1793 e finado en Madrid en 1861, foi un militar, político e escritor galego en lingua castelá.

Participou na Guerra da Independencia española e, despois, na da Independencia do Perú. Alcanzou o emprego de Tenente xeneral, sendo capitán xeneral en varias Capitanías (entre elas as de Galicia, Filipinas e Porto Rico), procurador e deputado en varias Cortes, senador por Valencia, electo e vitalicio, e ministro do goberno de España.

As memorias que escribiu sobre a súa actuación na guerra da Independencia do Perú son unha fonte moi recorrida polos historiadores.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia fidalga, e optou pola carreira militar, ingresando como Cadete voluntario en febreiro de 1810, ese mesmo ano ascendeu a alférez de Cabalería, loitando na guerra contra os invasores franceses.

En 1816 pasou a América formando parte da expedición de Pablo Morillo, como tenente Axudante maior no Escuadrón de Húsares de Fernando VII. Chegou ao Perú vía Panamá. Foi destinado ao Alto Perú e ascendido a capitán. Tomou parte na campaña de Salta e noutras accións realizadas nesa rexión baixo o mando do xeneral José de la Serna.

O vicerrei Joaquín de la Pezuela chamouno a Lima, e nomeouno comandante do segundo Escuadrón de Dragóns do Perú (1818). En 1820 dirixiu ao vicerrei Pezuela un escrito no que criticaba directamente a súa conduta, considerándoa apática, entre outras obxeccións, ao mesmo tempo que lle daba consellos que, segundo a súa opinión, debía seguir. Dito escrito, denominado vulgarmente "plan de García Camba", tivo bastante circulación en Lima, sen que o vicerrei tomara medidas represivas.

García Camba pertencía a unha loxa masónica liberal de oficiais do exército español, que reunía aos que arribaran a América despois de 1816 e loitado no Alto Perú, entre eles José de la Serna e Xerónimo Valdés. Moi críticos do vicerrei Pezuela, a súa acción conspirativa, sumada á cadea de reveses que sufriu o poder español por obra dos patriotas americanos, desembocaron no motín de Aznapuquio, que foi un golpe de Estado dos oficiais españois contra a autoridade vicerreinal. García Camba e o tenente coronel Seoane redactaron o documento mediante o cal se intimou a Pezuela a que renunciase a favor do xeneral La Serna (1821).

Ascendido a brigadier, tomou parte nas últimas campañas libradas no Perú polos españois. Estivo na campaña de Ica, distinguíndose na batalla de la Macacona (1822), que foi un desastre para as armas dos patriotas independentistas. Logo, nas batallas de Torata e Moquegua (1823), como xefe de Estado Maior de Jerónimo Valdés. Por último, estivo na decisiva Batalla de Ayacucho (1824), onde mandou unha brigada da cabalería española.

Tras a Capitulación de Ayacucho foi enviado de retorno a España vía o Pacífico. Nas illas Marianas foi desembarcado pola tropa indisciplinada, logrando chegar máis tarde a Manila. Alí serviu de Maior Xeneral, subinspector de Infantaría e Cabalaría, entre outros cargos.

Regresou a España en 1835, ao ser elixido procurador en Cortes por Manila. Ascendido a Mariscal de campo, obtivo a Gran Cruz de San Hermenexildo (1836). En agosto de 1836 foi nomeado Ministro interino da Guerra e, simultaneamente, de Mariña. En outubro de 1836 foi elixido deputado por Lugo para as Cortes Constituíntes de 1836-1837.

En novembro de 1836 foi nomeado Capitán Xeneral de Filipinas. Desembarcou en Manila o 24 de agosto de 1837 e desempeñou o cargo até o 29 de decembro de 1838.

De regreso a España, foi elixido senador por Valencia, cargo que xurou o 8 de outubro de 1839. Foi nomeado Capitán Xeneral das Provincias Vascongadas (1840). Pertenceu ao grupo dos ayacuchos, facción política integrada polos seus antigos camaradas da guerra no Perú, que se fixo famosa polas súas pugnas polo poder.

Ao facerse cargo Espartero da Rexencia de España durante a minoría de idade de Isabel II foi Ministro de Mariña, Comercio e Ultramar (desde o 21 de maio de 1841 até o 25 de maio de 1842). En 1843 foi nomeado Capitán Xeneral de Galicia.

O 5 de maio de 1847 foi ascendido a Tenente xeneral de Cabalaría. Nomeado senador vitalicio, xurou o cargo o 18 de marzo de 1853. O 1 de agosto de 1854 foi nomeado Capitán Xeneral de Baleares, pero non puido tomar posesión pola dispepsia que padecía. O 17 de outubro do mesmo ano foi nomeado Capitán Xeneral de Porto Rico, tomando posesión o 31 de xaneiro de 1855 e sendo destituído poucos meses despois, tras unha sublevación dos militares en San Juan.

Ao longo da súa vida obtivo, ademais, outros postos e distincións, entre os que destacan:

Faleceu en Madrid en 1861.

Obras e escritos diversos[editar | editar a fonte]

Publicou os seguintes documentos:

  • Apunte para la historia de la revolución del Perú, sacada de los trabajos del Estado Mayor del ejército de operaciones (Lima, 1824)
  • Campaña en las costas de la Argentina: terminada por la batalla de Moquehúa el 21 de enero de 1823 (Lima, 1824)
  • Carta ... al comandante Ignacio Ninavilca al servicio de las armas del Perú (Trujillo, Perú, 1824).
  • Filipinas y su representación en Cortes (Madrid, 1836).
  • Exposición del estado actual de las dependencias del Ministerio de la Guerra leída a las Cortes en 1836 (Madrid, 1836).
  • Los diez y seis meses de mando superior de Filipinas (Cádiz, 1839). Memorias do seu mandato en Filipinas.
  • Memorias del general García Camba para la historia de las armas españolas en el Perú 1809 - 1821 (Madrid, 1846. Dous volumes) (Red. Madrid, Editorial América, 1916.) Google books Obra de moito interese para coñecer a guerra da independencia peruana desde o punto de vista español, se ben foi escrita co propósito tácito de encomiar a actuación dos militares españois no Perú, chamados despectivamente en España os ayacuchos. Nela xustifica o motín de Aznapuquio, que depuxo ao vicerrei Joaquín de la Pezuela, así como condena acremente a conduta do xeneral español Pedro Antonio Olañeta. * Levantamiento dos artilleiros na illa de Puerto Rico (Madrid, 1855).

Ademais, traduciu as Máximas de guerra de Napoleón, da cuarta edición francesa (Madrid, 1857).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carrasco y Sayz, Adolfo: Icono-biografía del generalato español. Madrid, 1901.
  • Mendiburu, Manuel: Diccionario histórico-biográfico del Perú. Parte primera que corresponde a la época de la dominación española. Tomo IV. Lima, 1880.
  • Moratilla, Bernardo: Estadística del personal y vicisitudes de las Cortes y de los Ministerios de España. Madrid, 1880.
  • Vargas Ugarte, Rubén: Historia General del Perú. Sexto Tomo. Tercera Edición. Editor Carlos Milla Batres. Lima, Perú, 1981. ISBN 84-499-4818-5

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]