Amplitude térmica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amplitude térmica (ou oscilación térmica) é a diferenza entre a temperatura máis alta e a máis baixa rexistrada nun lugar ou zona, durante un certo período de tempo (un día, un mes, un ano...).

Nos estudios do clima mídese a oscilación térmica diaria, a maior amplitude térmica maior diferenza de temperaturas entre o día e a noite.

Nas series climáticas a amplitude térmica é a diferenza entre a temperatura media do mes máis cálido e a do máis frío.

Este dato, normalmente se emprega na investigación da atmosfera e do océano dunha zona xeográfica determinada. En xeral, os climas que corresponden ás zonas costeiras ou próximas ao mar presentan oscilacións térmicas baixas, polos efectos moderadores ou suavizadores da masa hídrica. Pola contra, os climas de zonas interiores ou continentais adoitan presentar unha forte oscilación térmica tanto diaria como anual, coa excepción das zonas ecuatoriais ou tropicais, onde as altas temperaturas son constantes.

Pode considerarse como amplitude térmica baixa a aquela que é inferior a 10ºC, media se está entre os 10 e os 18ºC, alta se é superior aos 18ºC, e insignificante se é menor de 5ºC.

Adoitase distinguir entre a oscilación térmica anual e a diaria.

Notas[editar | editar a fonte]

O contido deste artigo incorpora material dunha entrada da Enciclopedia Libre Universal, publicada en castelán baixo a licenza GFDL.