Batalla de Midway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Midway
SBDs and Mikuma.jpg
Douglas SBD-3 Dauntless estadounidenses do USS Hornet a piques de atacar o cruceiro Mikuma por terceira vez o 6 de xuño.
Data: 47 de xuño de 1942
Lugar: Atol Midway
Conflito: Segunda Guerra Mundial
Desenlace: Vitoria decisiva estadounidense
Combatentes
Flag of the United States.svg Estados Unidos Merchant flag of Japan (1870).svg Xapón

A batalla de Midway foi a batalla naval máis importante da campaña do Pacífico da Segunda Guerra Mundial. Entre o 4 e o 7 de xuño de 1942, só seis meses despois do ataque xaponés a Pearl Harbor, e un mes despois da batalla do mar do Coral, a armada dos Estados Unidos derrotou decisivamente á Armada Imperial Xaponesa nun ataque contra o atol Midway, inflixindo danos irreparables á frota xaponesa. O historiador militar John Keegan chamouna "o golpe máis espectacular e decisivo da historia da guerra naval".

A operación xaponesa, ao igual que o anterior ataque a Pearl Harbor, buscaba eliminar aos Estados Unidos coo unha potencia estratéxica no Pacífico, dándolle así vía libre a Xapón para crear a súa Esfera de Coprosperidad da Gran Asia Oriental. Os xaponeses agardaban que outra desmoralizante derrota forzase aos Estados Unidos a capitular na Guerra do Pacífico e asegurar así o dominio xaponés no océano.

O plan xaponés era atraer aos portaavións estadounidenses a unha trampa. A súa intención tamén era a de ocupar Midway como parte dun plan maior de estender o seu perímetro defensivo en resposta á incursión Doolittle. Esta operación taén foi considerada preparatoria para posteriores ataques contra Fiyi e Samoa.

O plan víuse entorpecido por erros xaponeses ao supoñer a reacción estadounidense e pola pobre disposición inicial. Hai que destacar tamén que os criptoanalistas estadounidense foron apaces de determinar a data e o lugar do ataque, permitindo á Mariña estadounidense estar en garda e preparar unha emboscada. Catro portaavións (Akagi, Kaga, Soryu e Hiryu) e un cruceiro pesado xaponés foron afundidos acosta dun portaavións e un destrutor estadounidenses. Despois de Midway, e do desgaste agotador da campaña nas illas Salomón, os programas de construción naval e adestramento de pilotos non puideron manter o ritmo suficiente para substituír as perdas, mentres que os Estados Unidos aumentaron a súa produción tanto de barcos como de pilotos.