Batalla do mar de Xava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla do mar de Xava
UmpCADH270K.jpg
Bombas dos avións xaponeses caendo preto do cruceiro lixeiro neerlandés HNLMS Java.
Data: 27 de febreiro de 1942
Lugar: mar de Xava
Conflito: Segunda Guerra Mundial
Desenlace: vitoria xaponesa
Combatentes
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Flag of the United States.svg Estados Unidos
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Flag of Australia.svg Australia
Merchant flag of Japan (1870).svg Xapón

A batalla do mar de Xava foi unha decisiva batalla naval na campaña do Pacífico durante a Segunda Guerra Mundial, que selou o destino das Indias Orientais Neerlandesas.

Barcos aliados sufriron unha desastrosa derrota a mans da Armada Imperial Xaponesa o 27 de febreiro de 1942, e en accións secundarias os días seguintes. O comandante da forza de ataque do Comando Americano-Británico-Neerlandés-Australiano, o contraalmirante Karel Doorman morreu durante o enfrontamento. Tras a batalla producíronse varios enfrontamentos máis pequenos ao redor de Xava, incluído a menor pero tamén significativa batalla do estreito de Sunda.