Vidkun Quisling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quisling en Oslo en 1942.

Vidkun Abraham Lauritz Jonssøn Quisling, nado o 18 de xullo de 1887 e finado o 24 de outubro de 1945, foi un militar e político noruegués. Ocupou o cargo de Primeiro Ministro na Noruega ocupada pola Alemaña nazi a partir de febreiro de 1942 até o final da Segunda Guerra Mundial. Fronte a este estaba o Goberno noruegués no exilio, recoñecido polos aliados e presidido por Johan Nygaardsvold, que permanecía en Londres. Despois da guerra foi xulgado por alta traizón e executado posteriormente.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • Dahl, Hans Fredrik (1991).Quisling - en fører blir til. Oslo, Aschehoug. (BIBSYS)