Rexión dos Sudetes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sudetes")
Vista desde o refuxio de Zygmuntówka, Góry Sowie
Bosque destruído en Wielka Sowa

A Rexión dos Sudetes foi un territorio, actualmente na República Checa, habitado maioritariamente por poboación de lingua e cultura alemá. Tiña unha superficie 28.943 km² e ocupaba parte dos territorios de Bohemia, Moravia e Silesia que facían fronteira con outros estados, e a pesar do seu nome só unha parte estaba situada propiamente na rexión xeográfica dos Sudetes. Coa independencia de Checoslovaquia en 1918 a rexión adquiriu entidade diferenciada, primeiro como provincia (que abranguía só unha parte da rexión dos Sudetes) e coa ocupación nazi como rexión de Alemaña. Tras a derrota da Alemaña nazi o territorio foille devolto a Checoslovaquia e a maior parte da poboación de etnia alemá deixou o territorio, hoxe o territorio carece de especificade propia.